miércoles, 31 de agosto de 2016

AVELLENTAMENTO ACTIVO E SAUDABLE 16-17

O Concello da Pontenova ven de por en marcha o Programa de Avellentamento Activo e Saudable para a temporada 2016-2017. Este servizo de benestar para persoas maiores de 50 anos, intenta mellorar a autonomía e a saúde das persoas maiores.

Tras o éxito e participación do curso pasado, este ano, o Concello da Pontenova involucrase mais con estas actividades e SUBVENCIONA O 75% do curso, tendo que pagar os usuarios só 15,00€/Mes

As actividades serán dúas horas por semana en días diferentes en cada un dos centros citados, unha hora consistirá en Talleres de Memoria e Manualidades básicas e outra hora en Xim de Mantemento.


¡OLLO! Xa comeza este Xoves día 1
Inscripción aberta durante todo o curso
¡Apúntate Xa!