martes, 5 de julio de 2016

«Si me volvera de vinte anos entraba outra vez de policía»

Fuente texto y foto: La Voz de Galicia
José María Prieto Alonso (A Pontenova 17/03/1956) acaba de xubilarse. Levaba 39 años de policía, labor que exerceu en Barcelona, Madrid e Viveiro. Na comisaría viveirense pasou máis da metade da súa carreira profesional; chegou en 1989 e dende 2003 estivo ó fronte da mesma: «Foi a parada máis longa», comenta.
-Polo tempo este parece o destino máis satisfactorio ¿Non?

-Eu paseino ben en todos, gardo bos recordos de tódolos lados.
-¿Pasaron polas súas mans asuntos complicados?
-Cando estiven en Madrid, complicados pasaron moitos, porque eran todos homicidios. En Viveiro tamén pasaron cousiñas, pero sempre se resolveron. Os problemas da policía adoitan ser sempre complicados, pero cousas moi raras nunca pasaron, si consideramos xa normal un homicidio. Eu estiven oito ou nove anos en Madrid en homicidios, menos os dous primeiros anos que estiven en atracos, pero non lle vas chamar raro a un homicidio, é para o que estás. E en Viveiro é unha plantilla tranquila que non ten moita complicación, ten os seus problemiñas como en tódolos lados, pero como eu tamén estaba ben adaptado, era moi coñecido...(...) Dalgunhas cousas xa me enteraba eu na casa antes de que chegara o problema a comisaría.
-É a vantaxe de estar nun sitio pequeno
- Si, é a vantaxe de estar nun sitio pequeno (...).Eu aí teño moitos amigos, moita xente coñecida, date conta que levo 27 anos vivindo en Viveiro (...)
-¿A qué se dedica un policía no tempo libre en Viveiro?
-Pois a andar cos amigos, a pasear, á lectura, vexo a televisión, o mesmo que toda a xente normal.
-¿A xente marca as distancias polo feito de ser policía?
-Nunca detectei iso. Estouche falando da época de Viveiro, na de Madrid non hai tanta relación coa xente, vaise a outra velocidade e non che da tempo a falar coa xente. Eu aí vou á praza de Lugo e hai veces que falo con dez ou doce porque se coñece á xente e a xente che coñece a ti. Eu cos coñecidos, xa non cos amigos, nunha detectei iso, nunca me sentín desprazado polo feito de ser policía; todo o contrario, ven aí a rapa das bestas e saben que me xubilei e xa me invitaron a título persoal. O secretario eu considero que é amigo meu, o presidente considero que tamén é amigo meu, temos moita relación por algúns problemas que houbo que tivemos que resolvelos xuntos. Cando hai un problema non quere dicir que vaia resultar mal, pode resultar que gañaches un montón de amigos...Eu...Con vinte anos volvo a entrar; e eu cando entrei, entrei de inspector de policía; pero si me volvera de vinte anos entraba non de inspector, no medio do escalafón, senón na escala básica.
-¿Tiña vostede antecedentes familiares que o decidiran a presentarse para policía?
-Non, ningún. Eu tiña tres profesións elixidas. Unha era medicina, outro era piloto de aviación e outro era policía.
-E elixiu policía
-Bueno, gustábame, tamén me gustaba moito medicina, tiña cualidades, pero as posibilidades de estudar medicina, pois...Para a oposición para policía había que estudar 68 temas e eran cinco meses para preparalas. Daquela dedicáballe horas ó estudo, senón non se aprende.
-Saíu do Bacharelato directo.
-Si, en COU saín e dixen, eu vou para policía, e outro compañeiro dixo, pois eu tamén. Eu estudei no Instituto Lucus Augusti de Lugo, que antes era o Masculino, estabamos no Colexio Menor que era onde durmiamos e no meu curso saímos dous para policía.
-¿Tivo algún caso importante que quedara sen esclarecer?
-Ningún, isto dígoo a moita honra, ningún. Caso importante, refírome a un homicidio. Quizá o que non chegamos a esclarecer foi o atraco á xoiería de Galdo; non chegamos a atopar probas suficientes e na policía as cousas que non se poden demostrar e como si non existiran. Coas probas que tiñamos non se podía acusar.
-¿Cambiaron moito os procedementos, a maneira de sentir a profesión?
-Bueno, eu a profesión sentina sempre. A min sempre me gustou a investigación, en Madrid e Barcelona estivera en investigación, pero cambian os procedementos, o sistema, cada vez a policía está máis preparada, a científica evolucionou moito.
39 anos no corpo. Empezou en Barcelona, logo estivo casi unha década en homicidios en Madrid e o resto pasouno na comisaría de Viveiro
Ningún caso importante sin esclarecer. Ten a honra haber esclarecido tódolos homicidos que lle tocaron en Madrid

Viaxar, ler, atender a horta na Pontenova e facer algún invento

_¿Que tal foi a súa relación coa prensa nos seus anos en Viveiro?
-A miña relación coa prensa foi moi boa. Pero si se valora a relación ó cen por cen, eu poño o 50%, o outro cincuenta non me corresponde a min facer un xuízo de valor, correspóndeche por exemplo a ti e ós teus colegas. A relación foi boa, incluso con niveis de transparencia mellores que noutras institucións. Eu nunca mentín; se non podía contar xa o dicía (...).
-¿Qué problema é máis acuciante agora na comisaría?
-Había que potenciala un pouco con persoal. Hai certas cousas que se vai necesitando máis xente, por exemplo o Resurrection, sempre se pediu xente doutras plantilla, tamén cambiaron as quendas (...) a nivel xeral e para facer mañá tarde e noite necesítanse máis persoas (...), potenciaron o servizo de atención a mulleres maltratadas e familia (...) Non lle encontro á comisaría ningún problema, penso que potenciándoa con persoal. Pero ese problema teno Viveiro, Monforte. ..Tiveron convocando moi poucas prazas e márchase máis xente da que está entrando.
-¿A que vai dedicar o tempo?
-Pois exactamente ó mesmo que o dedicaba antes, ás miñas actividades. Gustaríame iniciar unha viaxe, pero como miña nai está así vouno aprazar. Vou vivir en Viveiro, na Pontenova. Na Pontenova teño un horto e de vez en cando dáme por traballar nel, pero é cativo, das tres pasos e xa te saíches. Na miña casa na Pontenova como é na aldea, sempre houbo horto e aténdoo eu. O que teño pensado é disfrutar da mesa e viaxar, ler cando me apeteza e senón durmir a sesta, ahora podo ser plenamente español, non necesito horarios europeos. A miña cabeza nunca foi de estarse quieta, se vexo que me empezo a aburrir fago un invento (conta que fixo un muíño para o Belén cun motorciño do limpa avariado).