viernes, 24 de junio de 2016

SPORTING PONTENOVA TEMP. 16-17

TERCEIRA INCORPORACIÓN DO CADRO GUALDINEGRO

"Pim Pam Pum, a volta do Pistoleiro"

ANDRES FERNANDEZ RODRIGUEZ  "Matelo" volverá vestir a camiseta gualdinegra logo de seis temporadas. Xogador Asturiano de 25 anos, que xa formara parte do Equipo Xuvenil do Sporting Pontenova nas tempadas 2008-2009 e 2009-2010, conseguindo ser o pichichi da categoría anotando  a frioleira cifra de 29 e 40 goles respectivamente por temporada. Nesas duas tempadas o equipo xuvenil fora Subcampeón e Campeón, e conseguira clasificarse para disputar a Fase de Ascenso a Liga Galega Xuvenil, quedando as portas do cambio de categoría. 

Logo do seu paso polo Real Tapia C.F. e pola S.D. Astur Vegadense, último equipo no que militou, o dianteiro volve a clube que o viu medrar. 


Con moita ilusión, Matelo regresa para tentar axudar ao equipo en todo o que poida e aportar o compromiso, loita e adicación que o caracteriza.  

Únese así as incorporacións de Andrés Bouza e Bruno Bouza, ademáis dos xuvenís Borja Lombardero e Cristian Nabriga e da volta de Manu Miranda tras unha lesión de larga duración. 

Deste xeito a directiva e o corpo técnico do Sporting Pontenova dan prácticamente por cerrada a plantilla que afrontará a próxima temporada en Segunda Autonómica Rexional, co obxectivo de seguir medrando e tentar consolidar ao equipo na categoría.

O equipo comezará os adestramentos o  1 de Agosto e xa ten varios partidos amistosos cerrados como por exemplo Meira F.C., A.D. Valadouro ou U.D. Pastoricense. 

¡Aúpa Sporting!