jueves, 16 de junio de 2016

SPORTING PONTENOVA. MERCADO DE FICHAXES

O SP. PONTENOVA PRESENTA UN REFORZO DE LUXO

Antonio Lombardero, presidente do clube presenta ó xogador
Presentamos a primeira fichaxe do Sporting Pontenova  paraa campaña 2016-2017, trátase de Andres Bouza, mediocentro procedente do Ribadeo Fútbol Club.


Andres Bouza Cerecedo, que xa pertencia ao cadro da Mina como adestrador do equipo Xuvenil dende fai duas tempadas, vai cumplir agora unha ilusión súa, xogar con rapaces que adestrou e formou no equipo xuvenil.

Deportivamente, levaba 4 temporadas, esta última foi o capitán e motor, no Ribadeo F.C. en Terceira Division Nacional, a onde chegara procedente do Betanzos tamen de Terceira Division. Anteriormente pertenceu a disciplina do C.D. Castro na Rexional Preferente.

O Sporting Pontenova, que conseguiu renovar ao 90% da súa plantilla da pasada temporada, mais dous xogadores do equipo xuvenil que suben ao primeiro equipo como Christian Nabriga e Borja Lombardero, ao que se lle une agora esta fichaxe que  chega ao cadro gualdinegro con 33 anos, para intentar darlle un salto de calidade ao equipo de Dani Moirón, e axudar desta forma a consolidar ao equipo na categoría e colaborar ao crecemento deste equipo coa sua experiencia.