miércoles, 11 de mayo de 2016

Traviesas explica a los críticos de Podemos su trabajo como asesora

Imagen de la Diputación de Lugo
Fuente: El Progreso
La número dos de Podemos Galicia, Celtia Traviesas, ha salido al paso de la información publicada este miércoles por este periódico sobre su trabajo como asesora del socialista Darío Campos en la presidencia de la Diputación de Lugo entre los pasados meses de diciembre y febrero. 

"Comecei a colaborar en Podemos hai un ano e medio", relata en un comunicado la secretaria de estrategia política y comunicación de Podemos Galicia, natural de A Pontenova, después de que algunos militantes de la formación le pidiesen "explicacións"

por "traballar para outro partido"  durante la campaña del 20-D. 

En este sentido, Traviesas defiende al presidente de la Diputación de Lugo –"fala ben del", apunta– por haber valorado su "profesionalidade para un posto de confianza" por encima de su "proximidade a outro partido".  "Poden estar tranquilos os que me afean que durante a campaña eu estivese pensando noutro partido, porque pensar pensaba no noso", insiste, antes de aclarar que dejó su trabajo en la Diputación de Lugo porque la fichó para su equipo la eurodiputada de Podemos Estefanía Torres.
En el comunicado, Traviesas también lamenta que "mentres outros negociaban os postos nas listas electorais, nós seguimos coa xente das bases e apoiando, entre outros, aos mariñeiros do cerco na súa luita", en referencia velada a la fractura que hay en Podemos Galicia desde las primarias que llevaron a Carmen Santos a la secretaría general en abril, derrotando por escaso margen a la candidatura liderada por los diputados Ángela Rodríguez, Pam, y Antón Gómez-Reino. 

Al respecto, Darío Campos ha dicho este jueves que "naquel momento ninguén sabía" en la Diputación que Traviesas tenía relación con Podemos, algo que ella contradice en el comunicado que reproducimos a continuación:
“Penso que fala ben do presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, que por riba da miña proximidade a outro partido, que nunca ocultei, valorase o meu currículum e a miña profesionalidade para un posto de confianza como asesora de comunicación. Oxalá isto ocorrese máis a cotío nas Administracións públicas.

Levo máis de 10 anos traballando no que sae, loitando por gañarme a vida e por ter unha carreira profesional. Envexo a quen se pode permitir, ou tivo a sorte, de manter pulcros currículums de activistas; eu non. Como xornalista teño traballado en xornais que a miúdo, ou case sempre, contraviñan as miñas ideas e os meus intereses. Como a maioría de persoas da miña xeración, levo anos enfrontando o paro, a precariedade, o emprendemento desesperado e a condición de autónoma dependente. Pese a todo, logrei saír adiante desempeñado sempre o meu traballo con rigor e honestidade.

Quizais alguén pense que debera terme preocupado máis polo meu historial como "activista" de Podemos, pero a miña prioridade non foi nin será nunca construírme un perfil político, senón traballar para sacar adiante e darlle unha vida digna ás miñas dúas fillas. Estou convencida de que a coherencia ideolóxica é algo moito máis íntimo e moito máis serio que se dirime nos pequenos actos, ao longo da vida.

Comecei a colaborar en Podemos hai un ano e medio, antes de que se constituíse a primeira dirección do partido. Fíxeno de forma discreta, pois daquela o meu traballo nun xornal comarcal era incompatible con calquera significación política pública. Colaborei na redacción do primeiro documento político-organizativo de Podemos Galicia e tamén o fixen no actual. Traballei de xeito activo na elaboración de informes para o Consello Rural estatal de Podemos e axudei na área de comunicación de Podemos Vigo durante case un ano, sen cobrar, por suposto. Máis ben gastando moitos cartos, tempo e viaxes.

Traballei nas marxes de Podemos, antes e despois de que Carmen Santos dimitise do seu cargo no anterior Consello Cidadán por principios. Foi no verán de 2015, debido aos desacordos cun proceso, o de En Marea, que se fixo ás costas da xente de Podemos e que agora estamos empeñadas en democratizar. E mentres outros negociaban os postos nas listas electorais, nós seguimos coa xente das bases e apoiando, entre outros, aos mariñeiros do cerco na súa luita. Escoitándoos entendín mellor qué espera a xente de Galicia da "nova política" e de nós. E qué é o que non lles está gustando de Podemos.

Nunca tiven relación co PSOE máis alá dese mes e medio que estiven contratada na Deputación de Lugo, onde gobernan co BNG. Deixeino sen saber que pouco despois se convocarían novas eleccións aos órganos internos de Podemos Galicia. Poden estar tranquilos os que me afean que durante a campaña eu estivese "pensando noutro partido", porque pensar pensaba no noso. E con fonda preocupación. Mellor nos iría se todos pensáramos menos nas batallas internas e máis na xente que ten as esperanzas depositadas en que contribuamos a construír un país onde se viva mellor.

Para rematar co exercicio de transparencia, debo dicir que se me puiden permitir deixar o traballo na Deputación de Lugo, foi porque me fichou para o seu equipo a eurodeputada de Podemos Estefanía Torres, a cal eu non coñecía de nada, pero tiven a sorte de que ela si coñecera e valorase a miña traxectoria profesional e en Podemos".