miércoles, 13 de abril de 2016

XVII Media Maratón Vig-Bay 2016

Domingo celebrouse entre as poboacións de Vigo e Baiona a décimo séptima edición da media maratón Vig-Bay, unha carreira das máis numerosas e de prestigio de todo o norte de España. Ata aló se foron, entre outros, Ana Glez. Margaride, Ramón Fernández e Bruno Bouza .
Cabe destacar o terceiro posto absoluto de Ana entre as mulleres o que ven a confirmar o excepcional estado de forma no que se encontra a atleta da Pontenova.