viernes, 8 de abril de 2016

Ata o día 20 poden degustarse os menús arte-sáns en dez restaurantes

Fuente: La Voz de Galicia
Ata o día 20 deste mes poden degustarse os Menús Arte_sans en dez restaurantes por iniciativa da Mancomunidade de Municipios da Mariña. Os Menús Arte_sans son un proxecto turístico que ten como obxectivo principal «presentar unha Mariña feita de oficios artesáns e de gastronomía, unha mostra da tradición e da cultura para gozala cos sentidos».
Ata o 20 de abril dez artesáns poñen os seus traballos enriba da mesa e dez restaurantes serven eses menús nesas pezas únicas en cada local. Con esta medida o que se pretende é contribuír á desestacionalización do turismo en tempada baixa á vez que se favorece o coñecemento da cultura local da Mariña a través dos seus oficios tradicionais e da súa gastronomía.
Os dez artesáns que participan nesta iniciativa son Otero Regal (ceramista de Viveiro), Miriam (ceramista de Viveiro), Francisco Fra (carpinteiro de ribeira de San Cibrao), Estéfano Gudín (ceramista de Cervo), as Redeiras de Burela, Lucía Catuxo (ceramista de Trabada), José Rodil (navalleiro de A Pontenova), Regina (restauradora de Mondoñedo), Miguel Ángel
(carpinteiro de Mondoñedo) e Pilar Maravalla (artista de Ribadeo). E dez restaurantes da comarca (Area Grande, O Pantalán, O Asador, Río de Oro, Nordés, Casa Damián, Casa Franco, La Yenka, Parador de Turismo de Ribadeo e La Solana).