lunes, 18 de abril de 2016

A dirección provincial nomeará unha xestora do Partido Popular local en A Pontenova, que presidirá o actual voceiro municipal

Fuente: 21 Noticias
Así o acordaron na reunión celebrada a última hora de onte na que participou a presidenta do PP lucense, xunto ao secretario xeral e ao de organización, con afiliados e simpatizantes do PP na Pontenova. Candia di que “buscamos sentar unha estrutura e un programa que permita crecer como partido, traballando todos xuntos”. A popular tamén anuncia que se levará a cabo unha campaña de afiliación, así como de comunicación das accións do Grupo Municipal
A dirección provincial do PP nomeará unha xestora do partido a nivel local en A Pontenova,
ata a convocatoria do novo congreso. Estará presidida polo actual voceiro do Grupo Municipal Popular, David Álvarez. A presidenta do Partido Popular, Elena Candia, explica que esta decisión foi adoptada onte na reunión celebrada entre membros da directiva provincial con afiliados e simpatizantes do Partido Popular de A Pontenova e na que, ademais de Candia, tamén estiveron presentes o secretario xeral do PP provincial, Carlos Armesto, e o de Organización, Daniel Vega.
A nova presidenta explica que con este acordo de creación dunha xestora “buscamos sentar unha estrutura e un programa que nos permita crecer como partido na localidade, traballando en positivo e dándolle estabilidade á agrupación local”.
Elena Candia tamén anunciou que con este obxectivo de fortalecemento do PP a nivel local, desenvolverase unha campaña de afiliación e de comunicación das accións do Grupo Municipal do PP en A Pontenova. “Queremos sumar a todo o mundo”, matizou a popular, ao que engadiu que tamén procuran garantir que “con máis unidade a máis traballo pegado á realidade dos veciños, o PP de A Pontenova estea máis preto de ser o goberno de todos”.
A reunión celebrada onte en A Pontenova é a primeira que mantén a nova directiva provincial coas agrupación locais, e que continuarán a desenvolver ao longo da provincia para “fortalecer o noso partido provincial e sentar unhas bases de traballo sólidas e firmes, en consenso con todos os afiliados e simpatizantes”, conclúe Candia.