lunes, 22 de febrero de 2016

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

C.D. GOIRIZ 3 - SPORTING PONTENOVA 4

Sp. Pontenova: Rubenon, Puente, Mac, Davicín, Villi (Alex), Jorge, Tontxu (Garboso), Jorgín (Moro), Ivan Fdz, Borja (Couxela) e Adrian Pasarín. 

Goles: Villi, Ivan Fdz, Jorgin e Adrian Pasarín

O Sporting Pontenova colleitou a súa undécima vitoria da tempada, esta vez a domicilio ante o Goiriz, nun entretido encontro que contou con sete goles, catro deles na primeira metade.

Comezou mellor o cadro local, que se colocou 2-0 nos primeiros 20 minutos. Foi aqui cando o Pontenova reaccionou e logrou empatar antes do descanso.

Na segunda metade, o cadro visitnate mantivo o bo estado de forma e logrou piñerse por diante grazas a Jorgín, que fixo o 2-3 ao comezo da segunda. O Goiriz pasou o ataque e nun ataque desesperado conseguiria o empate no minuto 85. Xa no desconto, Adrian Pasarín, nun saque de esquina facia o definitivo 3-4.

Espectacular a temporada que esta a realizar o equipo dirixido por Dani Moiron, que se acomoda na parte alta da clasificación, quinto clasificado e consegue chegar a cifra de 37 puntos, que lle aseguran, una ano mais, a salvación na categoría, obxetivo marcado pola directiva do cadro gualdinegro a principios da temporada.

O vindeira xornada, recibe ao SDC Cabreiros, o Domingo 28.02.2016 as 16:15h no Campo da Mina, equipo que o so aventaxa nun punto.

¡Aúpa Sporting!