lunes, 25 de enero de 2016

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 7

SPORTING PONTENOVA 2 - MONDOÑEDO F.C. 1

Sp. Pontenova: Ruben, Carlitos (Moro), Luis, Roi (Carrick), Ivan Fdz, Borja, Tontxu, J. Moirón (Keitas), Rodrigo (Jorge Gomez), Puente e Adrian Pasarín,

Goles: Jorge Muñiz e Moro

O Sporting Pontenova conseguiu estrear os seu casilleiro de victorias no ano 2016 ante un sempre complicado Mondoñedo F.C. 

Poñiase complicado o partido para o equipo gualdinegro ao fio do descanso, cando o Mondoñedo F.C. se adiantaba por medio dun penalti. Na segunda metado os locais foron a polo partido e a base de entrega e traballo conseguiron darlle a volta ao partido con goles de Jorge Muñiz e Moro, este último un gol de gran beleza tras unha boa xogada colectiva. 

Na vindeira xornada o equipo desprazase ao Municipal de Alfoz para medirse ao C.D. Alfoz, partido que terá lugar o domingo 31 as 16:00h.

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. GRUPO 7

SPORTING PONTENOVA 3 - S.D. RIBADEO 2

Sp. Pontenova: Mateo, Ivan, Pedro, Alvaro, Roi, Pedride, Fran, Borja, Andrei, Cristian e Juan. Tamen xogaron: Dani, Jose Luis, Cubelas, Anxo e Jesús.

Goles: Andrei III

O equipo xuvenil conseguiu unha bonita victoria para despedirse da competición ligueiro como local. O protagonista do partido foi o dianteiro Andrei que conseguiu anotar un Hat-Trick.

O equipo dirixido por Andrés Bouza rematará a liga o vindeiro sábado en San Ciprian. 

SEGUNDA ALEVÍN F-8

RACING VILALBÉS "B" 5 - SPORTING PONTENOVA 2


Sp. Pontenova: Raúl, Marquiños, Leandro, Alex, Xacobo, Miguel Rivas, Nerea e Kevin. Tamen xogaron: Mario, Ivan, Iago e Paula. 


Goles: Miguel Rivas II

O equipo alevín non puido cun rival mais fisico e con mais rodadura. Competiron e plantaron cara pero o partido terminou caendo para o equipo da Terra Chá. 

O vindeiro domingo 31 as 11:30h no Campo da Mina rematan a liga como locais fronte ao E.F. Viveiro.

SEGUNDA BENXAMIN F-8 LIGA MOVISTAR

RACING VILALBÉS "B" 2 - SPORTING PONTENOVA 3

Sp. Pontenova: Samuel, Marquiños, Mario, Paula, Iago, Ruben, Paulo e David. Tamen xogaron: Iker, Ismael e Jonathan.

Goles: Paula, Paulo e Iago

Debut e subcampionato. O equipo benxamín, dirixido por José Mirada, proclamouse subcampión de liga no primeiro ano de competición. Nesta ocasión venceu nun igualdado partido ao Racing Vilalbés, e deste xeito, a falta dun partido son matemáticamente subcampións. 

Na última xornada, recibirán nun bonito duelo ao campión do grupo, A.D. Porto Burela "B". O partido terá lugar na maña do sábado.

¡Aúpa Sporting!