jueves, 14 de enero de 2016

Recollida solidaria Asociación As Minas (Operación Kilo)


Avelina con Ermitas de Supermercados Superti


Finalizada a campaña solidaria de recollida de alimentos por parte da Asociación Cultural e Deportiva As Minas (Operación Kilo) desde a propia asociación queremos destacar novamente o éxito desta recolecta na se conseguiu gran cantidad de mercancía que como xa estaba previsto destinarase a certas familias necesitadas do Concello e á Cruz Vermella de Lugo.
Aproveitamos tamén para agradecer a todos os veciños a súa colaboración e de forma especial ós tres establecementos que fixeron de punto de recollida (A Tenda de Manolo na Ermida e os Supermercados Superti e Día na Pontenova) xa que sin a súa axuda esto non sería posible.
Aquí vos deixamos unhas fotos do momento da entrega dos alimentos. (Pinchade en "Leer más" para velas).
 No seu momento publicaremos tamén foto da entrega ós membros da Cruz Vermella.
Iván con Pablo de Supermercados Día

Manu con Manolo de A Tenda de Manolo