domingo, 31 de mayo de 2015

COMUNICADO ASOCIACION DE VECIÑOS DE BOGO

ASOCIACION DE VECIÑOS DE BOGO

Fuente: José Yanes Muiña

Dado o tempo transcurrido desde que se fixo a concentración parcelaria, y conocedores de que os títulos os teñen  nun despacho da  xunta en Lugo a espera de unha orden de Santiago, que lles diga que facer con eles,  estamos intentando averiguar, i no seu caso agilizar no posible  ese proceso, próximamente se convocara unha reunión na que serán debidamente informados. 

A 4ª Subida á Pontenova entregou o I Trofeo Ribeira Sacra

Fuente: En Común
A Deputación de Lugo promoveu deste xeito os produtos autóctonos e a candidatura a Patrimonio da Humanidade
• A cuarta edición da Subida á Pontenova, que se celebrou o domingo 17 de maio, entregou este ano o I Trofeo Ribeira Sacra, promovido pola Deputación de Lugo para impulsar os produtos autóctonos da nosa provincia, e a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.
LOTES DE DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS LUCENSES
Con esta iniciativa, o organismo provincial fixo entrega aos gañadores desta proba automovilística de varios lotes de degustación de produtos lucenses, que contan coa marca de calidade Lugo Sabe, e que están incluídos na listaxe de produtos da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com.
AUTOBÚS ROTULADO, MATERIAL DIVULGATIVO E RECOLLIDA DE SINATURAS
Por outra banda, a Deputación tamén desplazou ata A Pontenova o autobús rotulado da Ribeira Sacra, aproveitando a afluencia de visitantes e co obxectivo de recoller sinaturas en apoio da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Ademais da visibilidade do vehículo, os organizadores trataron de sensibilizar aos asistentes sobre a importancia da iniciativa repartindo material divulgativo da riqueza e recursos da Ribeira Sacra. Por último, estiveron a disposición dos visitantes os libros oficiais da Unesco para asinar en favor desta candidatura.•