martes, 31 de marzo de 2015

XII Faragullada de San Mamede 2015. 5 de Julio de 2015.

Imagen de Archivo de la faragullada 2013

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 7

"O balón parado dalle o triunfo o Sporting"

SPORTING PONTENOVA 2 - .E.D. LOURENZÁ 1


Sp. Pontenova: Ruben, Puente, Bruno, Anxo, Villi, Garboso, Maketo, Tontxu (Keitas), Ivan Fdz (Venancio), Jorge (Borja) e Adrian Pasarin.


Goles: Venancio e Anxo

Tras unha primeira metade sen apenas ocasións de gol, e con moita igualdade sobre o terreo de xogo, na segunda as E.D. Lourenzá foron mellores e dispuxeron de varias ocasión para poñerse por diante no marcador, pero non sería ata o minuto  74 cando Chincho tras unha boa definición poñia por diante o equipo visitante. A partir dese intre, o Sporting adiantou liñas e foi na busca da remontada.
No minuto 79 Venancio cazaba unha boa volea tras o saque dun córner que remataría en gol, e no minuto 83 Anxo, tras cabecear unha falta lateral sacada por Borja establecía o 2-1 definitivo. De ahí ata o final o Sporting controlou ben o partido se apenas sufrir para defender o resultado.

Rubén, un dos protagonistas do partido
Destacar o cantidade de xiareiros presentes no Campo da Mina para presenciar o partido, tanto dun como doutro equipo e o excelente comportamento de ambos.

Con este resultado o equipo gualdinegro suma xa 46 puntos e asentase na 5ª posición, que tentará defender ata o final, sen renunciar a pelexar polo posto 4.

A vindeira xornada o Sporting desprázase a Foz, o domingo 12 de Abril as 17:00h no Martinez Otero.

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. PREVIA COPA

U.D. PASTORICENSE 2 - SP. PONTENOVA 0

Sp. Pontenova: Mateo, Ovidio, Javi, Alvaro, Roi, Rodrigo, Marcos, Borja, Carrick, Cristian e Dani. Tamen xogaron: Andrei, Anxo, Bruno e Juan

O Sporting non puido comenzar con bon pé na Previa da Copa, e viuse superado polo equipo local na súa visita O Acebreiro. A U.D. Pastoricense foi superior e soubo converter esa superioridade en goles. 

¡Aúpa Sporting!

Agradecemento Asociación Cultural e Deportiva AS MINAS

Hoxe finaliza o plazo do reto “Corriendo por Fanconi” e desde a Asociación Cultural e Deportiva As Minas queríamos darvos as gracias a todos os que nos axudásteis a casi conseguilo. Finalmente recaudamos 700 € o que supón un 70% do obxetivo que nos marcáramos, o que non está nada mal.
A principios do mes de Abril farémoslles chegar mediante transferencia bancaria a totalidad do recaudado ós afectados por esta enfermedad.
De parte de Ventura, Bruno, Rubén, Ramón, Miriam e Santi, que foron os atletas que se embarcaron nesta aventura: MOITAS GRACIAS.