miércoles, 4 de marzo de 2015

«O susto de quedar insconsciente no partido de Pazos non me quitará as ganas de seguir xogando»


(Fidel, terceiro pola izquierda en foto de archivo)
Fuente: La Voz de Galicia
Fidel García recupérase na súa casa da Pontenova do forte traumatismo na cabeza que sufriu no último partido do Superti na Terceira División. Apenas se disputaran 10 minutos do encontro na cancha do Pazos de Borbén cando se produciu o incidente. Tras un encontronazo cun rival, o xogador pontenovés non tivo tempo para amortiguar a caída coas mans e golpeouse a cabeza contra o chan. Permaneceu inconsciente preto dun par de minutos e saíu da cancha en ambulancia rumbo ao hospital vigués de Meixoeiro.
-¿Como está? ¿Ten dor?
-Encóntrome bastante mellor. Onte (polo domingo) xa notaba que ía a menos a medida que

Esquela funeral Manuel Díaz Gutiérrez "Casa do Pizco - Vilar de Mielán"


"De cando en vez" por José Luis Lodos Ginzo (Lilo)

(Foto tomada polo propio José Luis dende o Vilar das Pedras).

DE CANDO EN VEZ

En Terras de Miranda, concello de A Pontenova, fai moitos anos e agora no dos mil quince,
alguén, manifesta:

De cando en vez, deixome caer polas Terras de Miranda, porque teño casa con fume nunha das suas aldeas, e poñome ledo cando vexo  co Eo sigue vivo e garimoso, esquivando as ribeiras cun doce e armonioso canto do ruxir das augas que carrexa ata ao mar dos cántabros, cousa que me fai pensar, de por qué Miranda xa non figura na voce codián do pobo, mágoa para os poboadores descendentes das mulleres e homes que coidaban as vides na chousa de Vilameá, que cocian o pan centeo amasado da fariña de gran recollido nos montes de Vilamirde, Foxas e en tódolas ladeiras das parroquias,  ao ser pouca a terra amansada para labrar e matar a fame das xentes que facian pais.
De cando en vez, volto a nenez e pregúntome a ónde se foi o milro tordo, o paporrubo erguendo o rabo na silveira, as vacas, Linda e Corza, xunguidas a canga e tirando polo carro, mentras éste choraba e estalaba, o burro pequeño que só se lle vian as orellas e o rabo baixo a carga de