jueves, 5 de noviembre de 2015

SPORTING PONTENOVA. A XORNADA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

O Sporting Pontenova destrázase esta fin de semana, que corresponde coa xornada 10, a Feira do Monte, para medirse ao C.D. Cospeito, o sábado as 16:15h no Campo da Fonte. O equipo que dirixe Dani Moirón desprázase coa ilusión de traer os tres puntos e seguir nos postos altos da clasificación, nun campo que nunca se lle deu ben ao equipo gualdinegro. 
PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

Por outra banda, o equipo xuvenil viaxa a Burela, para medirse, no Campo da Marosa a A.D. Porto de Burela, equipo que se sitúa nos postos altos da clasificación. O partido terá lugar o sabado as 12:00h. O equipo que dirixe Andrés Bouza, tentará limpiar a mala imaxe mostrada a pasada xornada na súa visita a Viveiro. 

Os mais pequeniños, tanto Benxamins como Alevíns non xogarás esta semana. O equipo benxamin correspondialle xornada de descanso, e o equipo alevín aplazou o seu partido por mor de que a maior parte dos nenos están de Campamento. 

¡AÚPA SPORTING!