martes, 10 de noviembre de 2015

S. D. Albións en Donosti e Negreira


Este pasado fin de semana celebráronse, entre outras moitas, dúas carreiras, en Donosti e Negreira con representación da S.D. Albións.

BEHOBIA - SAN SEBASTIÁN:


Hasta Donosti, ó igual que o ano pasado, desplazábanse 9 atletas Pontenoveses para participar na 51 Behobia-San Sebastián.
A Manolo Ventura, como capitán da expedición, acompañábano Luis Miguel Rivas, Bruno Bouza, Luis María Díaz, Begoña Alonso, Ramón de Xudán e Santi Coladas, a quenes se unían Ruben de Eugenia e Miriam Rivas recién chegados de Barcelona e Logroño respectivamente.
Unha marea humana de 34.000 corredores partía o domingo ás 10 da mañá da playa de Behobia (fronteira de España con Francia) cara ó Bulevar de Zumardia en Donosti.
A experiencia, coma sempre, foi moi positiva polo bon ambiente que reina nas excursións da S.D. Albións, si ben desta volta as condicións de calor extremo que tuveron que soportar durante os 20 kilómetros de que constaba a carreira fixeron desta edición unha das máis duras para todos os atletas en xeral.
Máis aló dos resultados que nesta mítica proba son o de menos, o balance final é moi positivo e xa con ganas de volver a formar parte do pelotón de salida para o 2016.

XXXVI CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA:

Algo máis cerca recalaban os tamén Albións Xián Rodríguez e Paula Calvín que participaron na Carreira Popular de Negreira con excelentes resultados por parte de ambos atletas que veñen demostrando nestos últimos tempos unha progresión moi boa.