martes, 6 de octubre de 2015

Entrevista a Tito Margaride


Entrevista realizada por Santiago Coladas.

Voltamos cunha nova entrevista a un moi querido veciño da Pontenova que na actualidade reside en Lugo ca súa muller e fillos. Trátase de Jesús González Margaride, máis conocido como Tito Margaride (A Pontenova, 1967).

(Nota: Esta entrevista puidose levar a cabo gracias á colaboración e axuda de Ana Glez. Margaride, irmá de Tito a quen desde aquí queremos darlle as gracias públicamente).

Pontenova.es: ¿A que anos empezache a ter claro que te querías dedicar ó atletismo?.


Tito: Bueno, o da miña dedicación ó atletismo, non hai quizás una fecha exacta, pero con doce ou trece anos tiña bastante claro que o atletismo formaría parte permanente da miña vida.

Pontenova.es: ¿Quen ou quenes foron as persoas que máis influiron en ti para que te decantaras por este deporte e non por outro?.

Tito: A persona que influiu en min  foi claramente o meu mentor, Mariano Castiñeira, que era médico de cabeceira na Pontenova naquel tempo.

Pontenova.es: ¿Qué recordos tes dos entrenamientos da túa infancia na Pontenova?

Tito: En principio, entrenaba pola vía do tren que naquel tempo non estaba alquitranada, era todo “chirta”. En inverno, por falta de luz, entrenábamos as tardes-noites , íbamos polo circuito de calle do río - carretera de Taramundi, voltas de 1km. aproximadamente,  “de puente a puente “, decíamos.
 Naqueles anos éramos varios os que íbamos entrenar con Mariano como entrenador claro, entre eles o meu pai e miña irmán.
Tanto se motivou a xente, que incluso se chegou a formar un club ,” club a Lebre” e aínda que non era federado si tiñamos as camisetas co noso lema ,”club a lebre”, cas que participábamos nas carreiras populares.


Pontenova.es: Na túa xuventude ¿Quenes eran os teus principales rivais? 

Tito:  Os meus rivales mais importantes en Galicia, eran tamén naqueles momentos os mellores a nivel de España: Alejandro Gómez , olímpico en Seúl e Barcelona , Carlos Adán olímpico en Barcelona, os irmáns LaTorre, tamén olímpicos en Barcelona92 , e como non, o conocido Fermín Cacho, aínda que non era un rival directo, pois él se dedicaba a distancias mais cortas;  Sendo medalla de ouro nos 1500m. en Barcelona 92  donde me dedicou, nos primeiros minutos finalizada a proba, un emotivo recordo.

Pontenova.es: De todos os lugares e países que visitache para ir correr, ¿Cal foi o que máis che chamou a atención?

Tito: Aquí teño que matizar que o meu atletismo se divide en duas etapas, tras sufrir no ano 92 una trombosis, que me deixou o lado dereito do corpo paralizado.
Na primeira etapa, estando  ben , puiden viaxar a varios países,pero quizás destacaría o viaxe a Xapón , pola cultura en sí, e o diferente que era todo respecto do conocido.

Na segunda etapa, tras a trombosis puiden viaxar, a Atlanta nas olimpiadas do 96,  a Birmingham no ano 98 e a Sidney no 2000, que destacaría sobre todas as demáis viaxes porque me pareceu  unha cidade moi moderna pero ó mismo tempo moi segura, podíamos movernos con muita máis libertade que en outros sitios .

Pontenova.es: Fuche campeón galego e de España en diversas categorías e modalidades, de todos cantos premios tes no teu extenso palmarés ¿Cal é do que te sintes máis orgulloso? 

Tito: Dos meus logros deportivos , na primeira etapa, destacaría o de  ser o primer español na proba internacional de Canillejas,en Madrid no ano 91 , donde lograría o premio en metálico mais importante daquel momento.Tamén  ser subcampeón de España Promesa detrás de Alejandro Gómez , e ser internacional en sete ocasións.
Na segunda etapa , como non   destacar , o campeonato do mundo no ano 98 en Birmingham, donde  quedei de campeón do mundo nos 1500m. e medalla de plata nos 800m.
E a miña medalla de Bronce nas paraolimpiadas  de Sidney 2000, que foi o broche final a miña carreira deportiva.

Pontenova.es: Despois da túa enfermedad, fuche quen de recuperarte e no ano 2000 participar nas Paraolimpiadas de Sidney donde conseguiche una medalla de Bronce nos 1.500 metros, ¿Cómo foi para ti esa experiencia olímpica?

Tito: Tiven a oportunidade de participar en duas paraolimpiadas, en Atlanta no ano 96 e en Sidney no 2000.
En Atlanta foi a miña primeira experiencia como olímpico, e recordo una gran diferencia entre aquél momento e o de Sidney 2000, os motivos? pois, supoño que o nivel deportivo estaba máis evolucionado, o trato ós deportistas e a vida na villa olímpica non tiña nada que envidiar dos olímpicos de un mes antes. En Atlanta, xa solo chegar o país , nos deixaron medio tirados no aeroporto  toda a noite por falta dos pases  , a villa olímpica era bastante mediocre e un trato personal pouco adecuado.
En cambio en Sidney 2000, todo foi diferente , conocimos a ciudad con total libertad, se veía moi moderna pero á vez  totalmente segura, conocimos os lugares máis emblemáticos, como  Opera House, o famoso puente de Sidney, os acuarios, etc...

Pontenova.es: ¿Cómo ves o futuro do atletismo lucense tan ben representado polo teu fillo Miguel e Adrián Ben entre outros?.

Tito: Na miña xeración do ano 1967, destacaron un gran número de atletas, e aínda que sempre salen bos deportistas en cada xeración penso  que ahora, como no meu tempo, apareceu un bon grupo de atletas con un futuro prometedor, a xeración do 98 que xa destacan a nivel internacional. No fondo galego veñen destacando varios destes deportistas entre eles o meu propio fillo, Miguel González Carballada e o seu compañeiro de equipo Adrian Ben, que xa con 16 anos foron a un mundial.

Pontenova.es: Ben sabes que na Pontenova para o pequeño que é hai gran afición ó atletismo, ¿Qué consello lles darías a toda esa xente que corre día a día e sobre todo ós máis novos que están empezando?.

Tito: O atletismo é un deporte que non quere prisas, aínda que esto parezca una contradicción , pois requiere una continuidade de entrenamientos día a día , que fai necesario una gran motivación a todolos niveles , xa sea o atleta que aspira ós grandes triunfos como o simple aficionado. Buscar ésa motivación é o principal.

Pontenova.es: Xa para finalizar cóntanos alguna anécdota curiosa que che ocurrise na túa carreira deportiva.

Tito:  Polo ano 82 ,nos primeiros anos , fun entrenar de noite pola vía e tras pasar a fonte do Boulloso, encontreime  o facer a curva cun bicho , que supoño iba cruzar  a vía para ir beber o río , o caso e que nada máis encontrarnos cada un virou ó escape, eu a toda velocidade cara a casa, e o bicho, que nunca souben que fora, polo monte arriba, con 14 anos vese que moi valiente non era….

Nese tempo , recordo tamén que tiña en Navia un contrincante,  Josiño, que me impedía adiantalo, estando as nosas forzas bastante parexas, él non cedía e atrancábame o paso de  todas as maneiras que podía, antideportivamente, aquela vez ganoume , pero poucos días despois noutra carreira nos volvemos a encontrar, e esta vez xa non lle din opción a metérseme no medio.