jueves, 10 de septiembre de 2015

O Museo celebra o 140 aniversario da chegada do tren a Lugo cunha exposición, visitas guiadas e obradoiros

Resultado de imagen de tren vilaoudriz
O Museo Provincial de Lugo celebra o 140 aniversario da chegada do tren a Lugo cunha exposición, «A arte de xuntar II. Colección Quiroga-Monte de xoguetes antigos: trens e outras pezas», visitas guiadas e obradoiros. A mostra confórmana unha gran variedade de xoguetes antigos e outros accesorios ferroviarios, e poderá visitarse gratuítamente ata o 12 de outubro de luns a venres de 9.00 a 21.00, sábados de 10.30 a 14.00 e de 16.30 a 20.00, e domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas.
Coa exposición recórdanse dous eventos: a chegada do primeiro tren a Lugo (desde A Coruña, o 5 de outubro de 1875), e a construción do ferrocarril de vía estreita entre Vilaodriz (A Pontenova) e Ribadeo, inaugurado o 18 de abril de 1903. Forman parte da
mostra pezas mestras do xoguete ferroviario: trens coas súas locomotoras, coches e vagóns, estacións e apeadeiros, así como unha gran variedade de accesorios ferroviarios. Ademais, complementan esta mostra outras orixinais pezas xogueteiras, como coches, bonecas, teatriños ou dioramas. Todas elas, pezas que reflicten os cambios socioeconómicos, técnicos, culturais e políticos de finais do século XIX e principios do XX.
Paralelamente á exposición, o Museo desenvolve unha serie de actividades complementarias na Rede Museística Provincial. Trátase das seguintes: 
Museo Provincial de Lugo
· Visitas guiadas para todos os públicos
Do 10 de setembro ao 2 de outubro
De luns a sábado: mañás desde as 12:00 h. /tardes desde as 18.00 h.
Domingos: mañás desde as 12:00 h.
Duración aprox.: 30 minutos
· Visitas guiadas para centros escolares.
Do 10 de setembro ao 2 de outubro
Previa inscrición, segundo as necesidades do centro escolar.
A visita terá unha duración de 15 a 30 minutos e finalizarase coa realización dunha actividade didáctica adaptada ao ciclo educativo dos estudantes (Crear para xogar, Xogueteando, Convohistorias ou Tempo contratempo).
· Convocatoria de recollida de xoguetes para entregar a entidades solidarias (Do 12 de setembro ao 12 de outubro).
· Obradoiro: Crear para xogar
Obradoiro de creación de trens e outros xoguetes co obxectivo de achegar aos máis pequenos o apaixonante mundo do ferrocarril e a historia do xoguete de maneira lúdica.
Idades: de 5 a 15 anos
Prazas: 15
Datas: 12 de setembro
Horario: de 12:00 a 14:00 h.
· Obradoiro: Xogueteando
Aprender a xogar é aprender a vivir. A través de xoguetes antigos e de xogos tradicionais os máis pequenos descubrirán a infancia dos seus maiores.
Idades: de 3 a 15 anos
Prazas: 15
Datas: 17 de setembro
Horario: de 18:00 a 19:30 h.
· Obradoiro: Convohistorias
Actividade de creación de historias de viaxes pensada para potenciar a imaxinación e fomentar a creatividade. O obradoiro iniciarase lendo un conto sobre trens para que, a partir da lectura, as nenas e nenos creen
unha historia encadeada na que cada un aportará un vagón da viaxe imaxinaria.
Idades: de 7 a 15 anos
Prazas: 15
Datas: 25 de setembro
Horario: de 18:00 a 19:30 h.
· Obradoiro: Tempo contratempo
Actividade para coñecer a situación histórica e social en 1875 cando chega o primeiro tren a Lugo relacionándoa coa situación actual. Ademais, as rapazas e rapaces serán quen de establecer as diferenzas entre os trens, as estacións e apeadeiros de hoxe en día e os de antes.
Idades: de 10 a 16 anos
Prazas: 15
Datas: 1 de outubro
Horario: de 18 a 19:30 h.
· Obradoiro: O futuro viaxa ao pasado
Viaxe en tren realizando o mesmo traxecto que o do primeiro tren que chegou a Lugo en 1875: Lugo-Coruña/Coruña-Lugo. Pode participar todo tipo de público: cativos, adultos, familias, amigos ?
Idades: todos os públicos
Prazas: Entre 10 (mínimo) e 20 (máximo)
Datas: 10 de outubro
Horario: de 9:00 a 21:30 h.
********
Museo Pazo de Tor
· Visitas guiadas para todos os públicos
Do 10 de setembro ao 2 de outubro.
De martes a domingo: mañás ás 12:00 h. / tardes ás 18:00 h.
Duración aprox.: 30 minutos
· Visitas guiadas para centros escolares
Do 10 de setembro ao 2 de outubro. Previa inscrición segundo as necesidades do centro escolar. A visita terá unha duración de 30 minutos aprox.
· Convocatoria de recollida de xoguetes para entregar a entidades solidarias (Do 12 de setembro ao 12 de outubro).
· Obradoiro: Crear para xogar
Obradoiro de creación de trens e outros xoguetes co obxectivo de achegar aos máis pequenos o apaixonante mundo do ferrocarril e a historia do xoguete de maneira lúdica.
Idades: de 5 a 15 anos
Prazas: 15
Datas: 15 de setembro
Horario: de 18:00 a 19:30 h.
· Obradoiro: Xogueteando
Aprender a xogar é aprender a vivir. A través de xoguetes antigos e de xogos tradicionais os máis pequenos descubrirán a infancia dos seus maiores.
Idades: de 3 a 15 anos
Prazas: 15
Datas: 24 de setembro
Horario: de 18:00 a 19:30 h.
· Obradoiro: Convohistorias
Actividade de creación de historias de viaxes pensada para potenciar a imaxinación e fomentar a creatividade. O obradoiro iniciarase lendo un conto sobre trens para que, a partir da lectura, as nenas e nenos creen una historia encadeada na que cada un aportará un vagón da viaxe imaxinaria.
Idades: de 7 a 15 anos
Prazas: 15
Datas: 2 de outubro
Horario: de 18:00 a 19:30 h.
********
Museo Provincial do Mar
· Visitas guiadas para todos os públicos
Do 10 de setembro ao 2 de outubro.
De martes a domingo: mañás ás 12:00 h. / tardes ás 18:00 h.
Duración aprox.: 30 minutos
Visitas guiadas para centros escolares
Do 10 de setembro ao 2 de outubro. Previa inscrición segundo as necesidades do centro escolar. A visita terá unha duración de 30 minutos aproximadamente.
· Convocatoria de recollida de xoguetes para entregar a entidades solidarias. Do 12 de setembro ao 12 de outubro.
· Obradoiro: Crear para xogar
Obradoiro de creación de barcos e outros xoguetes co obxectivo de achegar aos máis pequenos o apaixonante mundo do mar e a historia do xoguete de maneira lúdica.
Idades: de 5 a 15 anos
Prazas: 15
Datas: 18 de setembro
Horario: de 18:00 a 19:30 h
· Obradoiro: Xogueteando
Aprender a xogar é aprender a vivir. A través de xoguetes antigos e de xogos tradicionais os máis pequenos descubrirán a infancia dos seus maiores.
Idades: de 3 a 15 anos
Prazas: 15
Datas: 23 de setembro
Horario: de 18:00 a 19:30 h.
· Obradoiro: Ronsel de historias
Actividade de creación de historias de viaxes pensada para potenciar a imaxinación e fomentar a creatividade. O obradoiro iniciarase lendo un conto sobre barcos para que, a partir da lectura, as nenas e nenos creen una historia encadeada na que cada un aportará parte da viaxe imaxinaria.
Idades: de 7 a 15 anos
Prazas: 15
Datas: 29 de setembro
Horario: de 18:00 a 19:30 h.
********
Museo Fortaleza San Paio de Narla
· Visitas guiadas para todos os públicos
Do 10 de setembro ao 2 de outubro.
De martes a domingo: mañás ás 12:00 h. / tardes ás 18:00 h.
Duración aprox.: 30 minutos
Visitas guiadas para centros escolares
Do 10 de setembro ao 2 de outubro. Previa inscrición segundo as necesidades do centro escolar. A visita terá unha duración de 30 minutos aproximadamente.
· Convocatoria de recollida de xoguetes para entregar a entidades solidarias. Do 12 de setembro ao 12 de outubro.
· Obradoiro: Crear para xogar
Obradoiro de creación de soldadiños e outros xoguetes co obxectivo de achegar aos máis pequenos a historia do xoguete de maneira lúdica.
Idades: de 5 a 15 anos
Prazas: 15
Datas: 16 de setembro
Horario: de 18:00 a 19:30 h.
· Obradoiro: Xogueteando
Aprender a xogar é aprender a vivir. A través de xoguetes antigos e de xogos tradicionais os máis pequenos descubrirán a infancia dos seus maiores.
Idades: de 3 a 15 anos
Prazas: 15
Datas: 22 de setembro
Horario: de 12:00 a 13:30 h.
· Obradoiro: Historias soldadas.
Actividade de creación de historias pensada para potenciar a imaxinación e fomentar a creatividade. O obradoiro iniciarase lendo un conto sobre soldadiños para que, a partir da lectura, as nenas e nenos creen una historia encadeada na que cada un aportará unha parte da historia imaxinaria.
Idades: de 7 a 15 anos
Prazas: 15
Datas: 30 de setembro
Horario: de 12:00 a 13:30 h