martes, 1 de septiembre de 2015

AQUÍ NON PASA NADA

Por José Luis Lodos Ginzo.

É certo co catastrófico non conduce a ningures, pro non é menos certo ca fuxida da propia realidade non é solución aos problemas. Fartos  de ouvir que estamos na senda do crecemento, que o desemprego disminuie, cos servizos sociais están garantizados, así como as pensións, etc, etc. Resulta un  discurso fácil para os gobernantes de turno, xa non importan as tendencias políticas o úneco fín é conservar o poder, para moitos deles o medio de vida e a loita por non verse engrosando as listas do paro. Ainda co dubido, porque sempre arranxan algo.
A sociedade ten que sofrir un revulsido, para elo non fai falta facer a revolución, só é necesario que, dunha vez por todas, nos fagamos maiores e pensemos co futuro ao tempo
de ser incerto cada vez é máis enfermizo.
Os xóvenes buscan outras fronteiras, non por aventura, si en percura de traballo noutros consolidados Estados da Europa, carrexando na  mochila os títulos, os masters, os coñecementos do idioma e a inversión económica que se fixo en España para acadar a sua profesión e cuia amortización e aproveitamento será para o enriquecemento da economía do pais cos acolla.
Europa é continente vello, con historia, con guerras das que ainda non curaron as feridas, con Estados cunha profunda identidade e autoprotecionismo que non dan o brazo a torcer e que a dose de desconfianza hacia o veciño fai fraxil os pactos da unión comercial e monetaria. Sabido é cos pòderosos mandan e as Grecias e a Ibérica seguimos sendo fillos naturais que temos dereitos, pro que nos poden deseheradar cando lles pete, pro nós tranquilos, AQUÍ NON PASA NADA.
Esta curta reflexión ben ao caso para contar unha de tantas historias da vida galega.

“O galego non é conformista, nen introvertido, é sofrido, mantendo sempre unha espranza de que virán tempos mellores e que senon vamos a pior xa é dabondo. 
Cando as terras non chegaban para labrar  e recoller os froitos para propia susistencia dos fogares, andabase en percura de monte raso e poder cavalo, facer a queima e botar o trigo. Logo, o pallar enchiase de herba e podián pacer as vacas, as calandras aniñar, a lebre pasealo nas noites de lúa e os bandos de perdices agucharse ata co can as aposturaba e indicaballe ao amo que puñera a escopeta en posición. Despois, aralo co arado de pao e sementarlle aveas ou centeo para a vindeira colleita que, por suposto, era floxiña.
Aló, polos anos cincoenta, estaban a cavar no monte da Penela, fronteira entre o Vilar das Pedras e Santoestevo, homes destas aldeas, unha mañá calurosa, onde as eixadas batian coas raices de queirogas, toxos e uces e, ao tempo, con croios que deixaban as chinas sobor das polainas de saco. Arricado o torrón,despois de voltealo como de alabarda se tratara, colocabase na ringleira, ata ir completando o tellado da leira.
Nesa precisa hora, camiño da Pontenova, xa pola estrada de terra recen feita, baixaba un señor chamado Manoel do Pequeno, con paso lento e enfragado nos seus pensamentos. Os cavadores, sacando folgos, berraronlle: ¡ Boenos dias, Manoel e logo vas para Ponte, que ben vives¡. Seica, Manoel, fixo unha parada e dirixíndose aos seus educados interlecutores, contestoulles: ¡ Buenos, así que estais cavando el monte, pues podeis gritar y decirle al mundo que hombres intelegentes sois ¡ . Non sei si a resposta en castelán era porque era forma de expresarse de forma cotidián ou para sentirse superior diante de quenes, con certa bulra, o increpaban”.

Manoel, de algún xeito facía a sua propia revolución, descoñezo o reservome si a vida deste galego era cómoda, tanto no que respecta a ter para comer e vivir , pro de algun xeito era libre da eixada, pro o que si afirmo, ca vida dos cavadores tampouco era mui digna, en canto ao traballo, ao ter que reventar as mans e  queimar a terra para co gran xerminara, a sua revolución era distinta, pura necesidade.
Dito isto, podemos ter craro que no mundo actual, uns siguen sendo os cavadores e outros, os listos sen necesidades, que seguen a darlle a batuta para que a melodía soe nos tímpanos de quenes beilan ao seu son e que sempre son os mesmos, a crase media, obreiros de calquer sector e pensionistas, todos eles cavadores, non estamos nos anos cincoenta, somos da CEE.