lunes, 10 de agosto de 2015

Campamento de Verán Concello da Pontenova 2015



Debido a que non se cubriu o mínimo solicitado de nenos/as inscritos no Grupo 1, farase un grupo único, sendo o Campamento a semana do Luns 17 - Venres 21 de Agosto de 2015. 

A reunión informativa será o venres 14 as 11:00h na Casa da Cultura.

Deste xeito aumentamos o prazo de inscrición ata o Xoves 13 as 15:00h. Lembra podes facelo vía telefónica no número 982.34.22.77 ou ben presencialmente na Casa do Concello. 

Os monitores encargados de levar adiante o Campamento serán Alicia Rivas e Xosé Lourido. 

¡Apúntate Xa!