martes, 14 de julio de 2015

Comunicado A.C.D. As Minas

Dende a A.C.D. As Minas queremos agradecervos pública e profundamente a todos aqueles que nos acompañástedes durante o fin de semana, tanto na Ruta Barítima do viernes como na celebración do Festival das Minas do sábado.
O evento deste ano foi un éxito, con boa asistencia de xente, moi animado ca presencia dos moteros da Pontenova e alrededores, e desde a organización estamos moi contentos xa que para nos é moi importante que a xente colabore e participe en maior ou menor medida.
Mención especial merecen aquelas personas e establecementos comerciales da vila que sin formar parte activa da asociación, ano tras ano, nos axudan a que todo salga o mellor posible.
Tamén queremos destacar o apoio e colaboración que nos deron a Asociación Motoreo da Pontenova e as institucións públicas (Concello e Diputación).
O vindeiro ano, o 2.016, celebraremos a X edición do festival, e decirvos que xa estamos traballando para que ese décimo aniversario esté a altura do que o pobo se merece, con entretenemento variado, actuacións de renombre e outras sorpresas que vos iremos comentando e desvelando ó largo do ano.
Moitas gracias.
(Pinchade en "Leer más" para ver algunha foto do Festival.