viernes, 19 de junio de 2015

Ceip A Pontenova: Biblioteca Escolar Solidaria


Con data 16 de xuño de 2015, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica a concesión do Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" a catro centros, trala valoración das candidaturas presentadas ao abeiro da resolución de 5 de decembro de 2014, da devandita dirección xeral, pola que se publicaban diversas iniciativas englobadas no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias", en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Reciben o selo os seguintes centros: 
 
CEIP de Leirado, de Salvaterra de Miño (Pontevedra) 
CEIP Montemogos, de Bueu (Pontevedra) 
CEIP Plurilingüe A Pontenova, de A Pontenova (Lugo) 
CEIP Seis do Nadal, de Vigo (Pontevedra) 
 
Este programa inclúe diversas accións e ten como finalidade estimular o voluntariado cultural en relación coas bibliotecas e a lectura entre o alumnado dos niveis non universitarios e as súas familias, nos centros públicos de titularidade da Conselleríade Cultura, Educación e OU, e recoñecer os esforzos das comunidades educativas
por conformar bibliotecas escolares que axuden a paliar as desigualdades no acceso ao coñecemento e ao uso dos recursos culturais e de aprendizaxe.

Unha das iniciativas contempladas era a concesión do Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" a aquelas bibliotecas nas que se traballa de forma salientable a compensación de desigualdades e se fomenta o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar. Este Selo é un recoñecemento ao traballo das comunidades educativas a prol dunha biblioteca escolar atenta ás necesidades de todos os seus integrantes en materia de lectura e de acceso ao coñecemento, traballar específicamente valores de xustiza e solidariedade, propiciar de forma salientable a compensación de desigualdades e favorecer o uso dos recursos con fórmulas de aproveitamenteo axeitadas mediante un programa de medidas estruturais e sistematizadas, contar cun grupo de alumnado voluntario de biblioteca e involucarar ás familias como colaboradoras da biblioteca escolar.