martes, 12 de mayo de 2015

Entrevista ó candidato polo PSOE na Pontenova: Darío Campos

(Darío Campos)
Entrevista realizada por Santiago Coladas.

Continuamos cas entrevistas ós candidatos municipales. Esta vez tócalle ó actual alcalde do Concello, Darío Campos Conde (Vilaoudrid, 1.965), veterinario de profesión e gran aficionado ó futbol e o sky según nos comenta.

Pontenova.es- ¿Qué foi o que te levou a meterte en política por primeira vez?

Por inquietude, un grupo de xente que pensaba que se podían facer as cousas doutra maneira e tocoume a min encabezar o proxecto.

Pontenova.es- ¿Qué lle dirías a un veciño da Pontenova para que te apoiase novamente de cara a esta lexislatura?.
Eu creo que a xente xa me coñece e usando o refrán ‘’máis vale rei coñecido que por coñecer’’.

Pontenova.es- ¿Vaise repetir a mesma candidatura ou vai haber moitos cambios nas filas socialistas do Concello? 
Sí, prácticamente será a mesma lista, único cambiando a Salomé por Belén.

Pontenova.es- Mirando atrás, ¿Cales crees que foron os teus logros máis grandes nestos 8 anos como Alcalde?.
Do acercamento do concello á xente e logo do encauzamento do río, do punto de atención a infancia, das vivendas comunitarias e da praza dos fornos.

Pontenova.es- Si sales elexido outra vez, ¿cales serán os teus obxectivos principales a cumplir?.
A creación dun centro de día e residencia de anciáns e o arranxo das carreteras de Pontenova-Riotorto e da N-640 Meira-Lugo.

Pontenova.es- Que lle dirías a unha parella nova para que se quedase a vivir no concello e non se fose a Lugo, Ribadeo, Foz,etc,,,?
Eu creo que hai alternativas no concello para que se queden (turismo, sector forestal, industria). Nós apoiamos todas as iniciativas e en todo o que precisen. A xente ten que innovar e arriesgar.

Pontenova.es- Cales van ser as principales líneas de actuación do voso partido a nivel municipal en materia de Industria?.
A parte de xestionar e apoiar todo tipo de axudas, acabar de legalizar e ampliar o polígono.

Pontenova.es- E deportes e xuventude?.
Temos contratado o arranxo das pistas de tenis e do Campo de fútbol municipal. E pretendemos instalar unha pista de pádel este mismo ano, ademais de seguir promocionando os clubes locais e ás Escolas Deportivas.

Pontenova.es- E servicios sociais?
Volcaremos todos os nosos esforzos para unha residencia e centro de día para os nosos maiores.

Pontenova.es- Cal crees que sería o sueldo xusto para un alcalde dun municipio como o noso?
O soldo é un concepto relativo. Hai xente que por 1000 euros resulta excesivo, e outros que por 4000 euros, escaso. Depende da xestión. Ademais, xa está regulado por lei.

Pontenova.es- Cal crees que é a túa maior virtud como alcalde?, e o teu maior defecto?
O traballo e a honradez, e en canto os defectos ninguén ve os seus, eso teñen que velo os vecinos.

Pontenova.es- Xa para rematar, algunha cousa máis que nos queiras comentar?.
Sorte para todos