martes, 19 de mayo de 2015

DARIO CAMPOS NÉGASE A DEBATER CARA A CARA CA CANDIDATA DO BNG DA PONTENOVA

Desde o BNG “lamentamos esta negativa e parécenos unha actitude covarde e pouco democrática por parte do actual rexedor” 
O actual alcalde da Pontenova, Darío Campos, negouse a participar no debate a 3 que durante semanas levaban solicitando desde o Grupo Municipal Nacionalista.
A diferenza do candidato do PP, David Álvarez, que si estaba disposto a presentarse a dita cita, o alcalde socialista mostrou, segundo a candidata Mónica Rancaño, “unha vez mais a súa falta de capacidade para presentarse diante das veciñas e veciños e responder as súas preguntas, e lamentan esta negativa xa que o debate supoñería un fito na historia do Concello, sendo a primeira vez que se celebraría algo parecido”.
Desde o BNG tamén se sinalou que “isto vén a confirmar que o PSOE non ten proxecto político que explicar, non se atreve a enfrontarse ás súas veciñas e veciños cara a cara, preocupándose unicamente de mentir a través da prensa”.
Neste senso, desde a Agrupación Nacionalista quixeron aclarar que certas informacións que se fixeron chegar desde o Grupo Socialista a varios medios supoñen graves mentiras. Concretamente a afirmación de que durante o seu mandato as taxas e impostos non subiran, xa que na realidade “foi unha das poucas cousas que se fixo desde o Goberno Local, xustamente para o pago dos mais de 500.000 € de débeda que ten o Concello e para que tanto o alcalde e tenente alcalde puideran manter os seus soldos”.

A Pontenova, 19 de maio do 2015.

Fuente; BNG A Pontenova