martes, 28 de abril de 2015

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA


SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

SPORTING PONTENOVA 1 - MEIRA F.C. 1

Clasificación Final
Sp. Pontenova: Juan, Bruno, Anxo (Luis), Luismi, Villi, Garboso (Rubenón), Maqueto (Caseto), Tontxu (Keitas), Puente (Venancio), Jorge e Ivan Fdz. 

Gol: Ivan Fdz

O Sporting Pontenova, nunha última xornada máis festiva que deportiva empataba a un contra o veciño Meira. Adiantábanse os visitante a saída dun córner por medio de César, pero Ivan Fernandez (chiCHARITO) poñia ao táboas no marcador, anotando o seu primeiro e último gol da temporada. Con este resultado se chegaría o descanso.

2º Máximo Goleador da Categoría


Na segunda metade, oportunidades para ambos lados, pero o marcador non se movería, reparto de puntos entre dous equipos que non tiñan nada en xogo. 

Con este resultado o equipo de Dani Moirón termina nunha moi boa 5ª posición, co obxectivo da salvación conseguido con creces e deixando boas sensacións.


Táboa de Pichichi
Ademáis, o equipo gualdinegro conta nas sás filas con Adrian Pasarín, o asturiano que remata na posición de prata do Pichichi de Segunda Categoría Rexional Grupo 7, con 19 goles. 

O vindeiro sábado comeza a Copa Diputación, que nos enfrentará na primeira eliminatoria (Ida e Volta) as E.D. Lourenzá. A ida será o sabado 02.05.2015 as 20:00h no Campo da Mina e a volta será o domingo 10.05.2015 con horarios sen concretar en Santa Cruz. 

¡Aúpa Sporting!