martes, 21 de abril de 2015

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

SPORTING PONTENOVA 2 - S.D. CANDELARIA 0

Sp. Pontenova: Ruben (Juan), Puente, Bruno, Anxo, Villi, Garboso, Borja, Tontxu (Andrei), Ivan Fdz (Keitas), Jorge (Caseto) e Adrian Pasarin. 

Goles: Adrian Pasarin e Tontxu

O Sporting Pontenova impúxose a S.D. Candelaria, no penúltimo partido da liga. Partido típico de finais de temporada, entre dous equipos que teñen os seus deberes feitos. O Sporting ben plantado sobre o terreo de xogo, adiantouse no minuto 25 cun gol do seu pichichi Adrian Pasarin tras unha espectacular asistencia de Jorge. Con ese resultado se chegaría o descanso. 

Na segunda metade o Candelaria moveu o banco e adiantou liñas, ainda que apenas inquietou a meta defendida por Ruben. No minuto 75, Tontxu, tras unha falta lateral poñia o definito 2-0 no electrónico.

Jorge e A. Pasarín protagonistas  do primeiro gol
Con este resultado o equipo de Dani Moirón asegurou a 5ª plaza e pelexará na ultima xornada por acabar 4º clasificado. Boa temporada do equipo que preside Antonio Lombardero, que tiña como obxectivo a salvación e acabou nos postos nobles da táboa clasificatoria.

Na derradeira xornada os gualdinegros reciben o Meira F.C., o partido será o sabado 25.04.2015 as 17:00h no Campo da Mina.



PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

OUTEIRO DE REI 4 - SPORTING PONTENOVA 2

Sp. Pontenova: Mateo, Marcos, Juan, Alvaro, Roi, Rodrigo, Javi, Oscar, Cubelas, Cristian e Dani. Tamen xogaron: David, Anxo, Raul, Ivan e Jesus.

Goles: Oscar Ramallar II

O equipo de Andrés Bouza, ainda no coñece a victoria nesta Liguilla Previa da Copa. Nesta ocasión caian en Outeiro de Rei, ainda que tiveron opción de acadar un mellor resultado. 

VETERANOS

A.D.C. VALLE DE ORO 1 - SPORTING PONTENOVA 1

Sp. Pontenova: Mijael, Noe, Antonio Marino, Carlos Sando, Lopez, Dario Campos, Freitas,  Nihat, Esteban Ramon Fernandez e Roberto Piensos. Tamen Xogaron: Juanfri

Gol: Ramon Fdz

Primeiro partido do equipo de veteranos nesta Liga do Norte 2015-2016. Comezou gañando o equipo gualdinegro cun bo tanto de Ramon Fdz, pero cando o partido parecia que caia para o lado pontenovés o Valle de Oro conseguiu a igualada.

¡AÚPA SPORTING!