sábado, 18 de abril de 2015

IX Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, domingo 19 de Abril.


Ferreiros, lume, artesanía, música, animacións, feira… Festa!!! A continuación detallamos o programa completo da IX Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que se celebrará o vindeiro domingo 19 de Abril.
11.00 h. APERTURA DA FEIRA.
Artesanía dos Ferreiros de Riotorto. Exposición de Artesáns e produtos do campo.
Exposición “MANS DE FERRO”, Riotorto 2015.
11.30 h. DEMOSTRACIÓN DE
OFICIOS.
  • Pirograbado: A cargo de “Pirograbados do Norte” (Ortigueira).
  • Alfarería: A cargo de “Os de Laura” (Buño).
  • Tear: A cargo de Noela Feal (Vilalba).
  • Torneado de Madeira: A cargo de Jesús Iglesias (Ortigueira).
12.00 h. INAUGURACIÓN OFICIAL DA IX FEIRA DA ARTESANÍA DO FERRO DE RIOTORTO.
Actuación musical a cargo dos Gaiteiros de Riotorto e do Coro de Riotorto.
12.15 h. DEMOSTRACIÓNS EN VIVO DA ARTESANÍA DO FERRO
  • Ferreiros de Riotorto.
  • Ferreiros da Fonsagrada.
  • Friedrich Brasmsteidi (ferreiro austríaco).
  • Alberto Leis (ferreiro de Santiago de Compostela).
  • Centro de Interpretación de la Forja (Forjas Brun – Navarra).
12.30 h. OBRADOIRO DE FERRO INFANTIL, a cargo do ferreiro austríaco Friedrich Brasmsteidi.
Animación itinerante co espectáculo “Paseo para dous”, a cargo da compañía Os Indianos, Santiago de Compostela.
13.15 h. Maxia de cerca a cargo do “Mago Pi”.
16.30 h. DEMOSTRACIÓN DE OFICIOS: Pirograbado, Alfarería, Tear, Torneado de Madeira.
DEMOSTRACIÓNS EN VIVO DA ARTESANÍA DO FERRO
  • Ferreiros de Riotorto.
  • Ferreiros da Fonsagrada.
  • Friedrich Brasmsteidi (ferreiro austríaco).
  • Alberto Leis (ferreiro de Santiago de Compostela).
  • Centro de Interpretación de la Forja (Forjas Brun – Navarra).
      OBRADOIRO DE FERRO INFANTIL, a cargo do ferreiro austríaco Friedrich Brasmsteidi.
17.30 h. Animación itinerante co espectáculo “Paseo para dous”, a cargo da compañía Os Indianos, Santiago de Compostela.
19.30 h. ACTUACIÓN MUSICAL no recinto ferial.

*Animación musical durante a xornada cos Gaiteiros de Riotorto 
**O recinto ferial estará cuberto baixo carpa.
VOLVER A PONTENOVA.ES