jueves, 19 de marzo de 2015

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

SPORTING PONTENOVA - RIOTORTO C.F. 

"Reparto de puntos no derbi que non serve para ninguén"

Sp. Pontenova: Rubenón, Luis, Anxo, Rivas, Villi, Garboso, Maqueto (Caseto), Tontxu (Puente), Ivan Fdz (Keitas), Jorge (Venancio) e Adrian Pasarín. 

Gol: Adrian Pasarín

Pontenova e Riotorto empataron a un gol, nun partido igualado, no que os locais por xogo e ocasións quizas mereceron un mellor resultado.

A primeira metade terminaría co resultado inicial de 0-0. Na segunda metade unha boa contra levada por Jorge, que asistía a Adrian Pasarín para superar por enriba o porteiro visitante cun vistoso gol. Faltando 10 minutos o Riotorto conseguian empatar tras unha xogada con múltiples rebotes tras o saque dun córner.

Deste xeito finalizaría o partido, cun punto para cada equipo que non lle serve a ninguén.

Outra boa novo é que o dianteiro local Adrían Pasarín, co seu gol no partido alcanza a segunda plaza na Táboa de Goleadores, por detrás do dianteiro laurentino "Chinco"

O próximo partido do Sporting será o VENRES 20.03.2015 as 17:00h no Municipal de Abadin, o partido correspondente a Xornada 20, aplazado no seu dia pola neve. 

O domingo 22.03.2015 o equipo ten outra nova saída, neste caso o Campo Suso Cruz de Gutiriz, no partido correspondente a Xornada 26.

¡Aúpa Sporting!