martes, 10 de febrero de 2015

A Asemblea Local do BNG da Pontenova aproba o 1º tramo da candidatura as eleccións municipais que encabezará Mónica Rancaño


(Foto de archivo La Voz de Galicia)
Fuente: Monica Rancaño

A formación nacionalista afronta o reto de traballar contra o despoboamento, mellorar os servizos sociais coa creación dun centro de día, apoiar o sector agro-gandeiro e o comercio local e a ordenación do territorio coa aprobación do PXOM

A Pontenova, 10 de febreiro de 2015. A asemblea local do BNG na Pontenova aprobou o primeiro tramo da candidatura que concorrerá ás eleccións municipais de maio. Estará encabezada por Mónica Rancaño Freire, enxeñeira agrónoma de 34 anos que traballa como xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural 3, que engloba ao Concello da Pontenova. Entre os retos que se marcan está traballar contra o despoboamento, apostar por potenciar os recursos propios do concello como o sector agro-gandeiro, impulsar o comercio e hostalaría local, mellorar os servizos sociais, crear un centro de día e ordenar o territorio coa aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Mónica Rancaño Freire, é coñecedora das capacidades no desenvolvemento local que ten A Pontenova polo
seu traballo como xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Montes e Vales no que se integran entre outros o concello da Pontenova por isto a candidatura que encabeza aposta por aproveitar os recursos propios do territorio como o sector agro-gandeiro e forestal, o sector turístico vinculado á pesca, patrimonio e natureza e o comercio e a hostalería local. Vinculado ao desenvolvemento local e as expectativas de futuro débese facer o esforzo para frear o despoboamento pola falta de oportunidades, neste sentido consideran que o actual goberno local non fixo nada para evitar a perda de poboación xa que o concello perdeu desde o ano 2007 case un 15% da súa poboación. Para o BNG na Pontenova outra das necesidades importantes é mellorar os servizos sociais e entre eles a creación dun centro de día para as persoas maiores.

A asemblea local aprobou por orde de lista a presenza das seguintes persoas na candidatura:

1.- Mónica Rancaño Freire, actual concelleira, enxeñeira agrónoma, xerente do GDR Montes e Vales.
2.- Xorxe Gómez Rico, responsábel local do BNG, perruqueiro.
3.- Carme Otero Ruiz, fisioterapeuta
4.- Manuel Rodríguez Méndez, labrego, membro da cooperativa Labregos de Lugo.
5.- Xián Rodríguez Puente,titulado en ciencias ambientais, 22 anos.