lunes, 19 de enero de 2015

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA


SEGUNDA CATEGORÍA REXIONAL

UN BO PONTENOVA GAÑA EN XERMADE GUIADO POR A. PASARÍN


C.D. XERMADE 1 - SPORTING PONTENOVA 3

Sp. Pontenova: Rubén, Puente (Fran), Rivas, Anxo, Villi, Ivan Fdz, Garboso, Maketo, Keitas (Cristian Nabriga), Borja Lombardero e A. Pasarín (Juan)

Goles: Anxo (p) e Adrian Pasarín II


Plantábase o Sporting no Municipal de Xermade, nunha tarde moi fría e desapacible, mermado polas baixas xa que o adestrador gualdinegro tiña 10 ausencias significativas e sen apenas poder adestrar con normalidade nos ultimos dous meses por falta de instalacións para poder facelo, pero iso non foi problema para o equipo da Mina.

Comenzaba o partido ben para os intereses visitantes, xa que no minuto 12, unha xogada persoal de Adrían Pasarín tras un ataque rápido, encaraba o porteiro provocando penalti, que Anxo transformaría poñendo o 0-1 no marcador. Dous minutos despois, unha boa contra levada por Borja Lombardero e Adrian Pasarín tras unha apertura impresionante de Ivan Fdz, subía ó marcador o 0-2 asinado polo dianteiro asturiano. Xa cando iba media hora de xogo, o mais listo da clase, Adrian Pasarín roubaballe o balon a un defensa, encaraba portería e batía o porteiro local cunha xenial vaselina. Establecíase deste xeito o 0-3. Con este resultado chegaríamos o tempo de descanso.

Adrian Pasarín, protagonista en Xermade
Na segunda metade o equipo visitante aguantou ben as investidas locais, ata que no minuto 30 recurtaba diferenzas o Xermade conseguindo bater a Ruben, que levaba 255 minutos invatido. Dous minutos despois puideronselle poñer as cousas costa arriba o equipo de Dani Moirón, xa que o árbitro pitou penalti no área visitante. Ruben, cunah actuación destacada durante todo o partido conseguia deter a pena máxima. Dende ahí ata final, o equipo visitante puido ampliar o marcador, pero xa non se movería.

A vindeira xornada o equipo xoga de novo como visitante, será o Domingo 25, as 16:00h no Viñas da Veiga (Mondoñedo) nun apaixoante partido.


PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL


S.D. BURELA 4- SPORTING PONTENOVA 0

Sp. Pontenova: David, Javi, Ovidiu, Juan, Adrian, Rodrigo, Marcos, Bruno, Oscar, Roi e Cristin. Tamen Xogaron: Mateo, Raúl, Andrei, Anxo e Ivan

O Sporting Xuvenil sucumbiu na Marosa ante un Burela superior. Nada tivo que facer o equipo de Andres Bouza ante un equipo local que ocupa os postos altos da clasificacion.

¡Aúpa Sporting!