lunes, 12 de enero de 2015

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA


SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

"O Sporting vence e convence"


Sp. Pontenova 3 - C.D. Goiriz 0


Sp. Pontenova: Ruben, Puente, Anxo, Bruno (Luisín), Villi, Luismi Rivas, Garboso (Tontxu), Keitas (Villaouruz), Ivan Fdz, Carlitos (Venancio) e Adrián Pasarín (Caseto).

Goles: Adrian Pasarín, Tontxu e Caseto.


O Sporting Pontenova sumou tres novos puntos que o acercan o seu obxectivo da permanencia.

Despois dunha primeira parte igualada, na que o equipo gualdinegro notou o parón do Nadal, e o non poder adestrar con normalidade no seu Campo durante un mes, na segunda metade saiu a por todas e conseguir unha merecida victoria. 

No minuto 55 o Goiriz quedaba cun home menos, e no mesmo minuto Adrian Pasarín abria o marcador, tras unha boa xogada de estratexia.

Dani Moirón darialle entrada no Campo a Villaouruz e Tontxu que lle cambiaron o aire o partido. O propio Tontxu establecía o 2-0 tras un bo tiro lonxano e xa cando o partido tocaba o fin, Caseto poñia o 3-0.

A vindeira xornada o equipo desprázase a Xermade, a xogar contra un rival directo. O partido será o domingo 18.01.2015 e dará comenzo as 16:00h


PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

Sp.Pontenova: Mateo, Javi, Alvaro, Adrian, Ovidio, Rodrigo, Juan, Bruno, Oscar, Roi e Cubelas. Tamen Xogaron: Trulli, Marcos, Anxo e Raúl

Goles: Oscar II


Dous tantos na segunda metade deronlle os tres puntos ao Pastoricense ante o Sporting Pontenova.
Os brancos adiantaronse por dúas veces na primeira metade pero o cadro pontenoves aproveitou por medio de Óscar dous rexeites tras faltas laterais para igualar ao descanso.


¡AÚPA SPORTING!