lunes, 19 de enero de 2015

Acceso a wifi libre e de balde para 300.000 veciños


A día de hoxe case 300.000 veciños de 48 Concellos luguesas contan con prazas wifi con acceso de balde e libre a Internet grazas ao proxecto INNOVATE 2, un programa cofinanciado nun 80% por fondos europeos FEDER, que permitiu a posta en marcha dun proxecto pioneiro wen España, e que permite aos cidadáns conectarse á rede a custe cero e de xeito seguro.

Inicialmente, a posibilidade de contar con estas prazas wifi ofreceuse aos 67 Concellos da provincia e foron 48 os que decidiron sumarse: Abadín, Baleira, Baralla, Becerreá, Begonte, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Cervo, Chantada, O Corgo, A Fonsagrada, Friol, Guitiriz, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita, A Pobra do Brollón, Pol,
A Pontenova, Portomaríon, Quiroga, Rábde, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Sarria, Sobre, Taboada, Triacastela e Viveiro.


¿De cantos puntos de acceso a Internet estamos a falar?
Unha vez conseguidos os permisos da Comisión Nacional do Mercado das Telecomunicacións, co que acadamos a ampliación do ámbitop de cobertura como operador de redes e servizos,  habilitamos 3 puntos de conexión en cada Concello: 1 en prazas públicas e 2 no interior das casas consistoriais, para poder conectarse de balde tamén dende alí. A velocidade é de 256 kb por segundo, que é o máximo legal permitido para este tipo de servizos prestados por administracións públicas de xeito gratuíto. Grazas a esto, agora Lugo conta co mellor servizo provincial de banda longa de Galicia.

¿Que utilidade lle dan os veciños a estas prazas wifi?
Os veciños poden acceder a estes puntos wifi de xeito inmediato a espazos web coma páxinas institucionais, redes sociais ou correos webmail dende calquera dispositivo móbil (ordenador, PDA, portátil ou teléfono). O certo é que as cifras reflicten o acertado desta iniciativa: dende a súa posta en marcha 150.000 persoas conectáronse a Internet nestes puntos, cunha media diaria de 151 usuarios. Ata o de agora rexistráronse entradas en 8,5 millóns de espazos web, con unha media de 23.000 páxinas ao día.