lunes, 15 de diciembre de 2014

Cea Xeración do 82 no Mesón A Mina



Cea da xeración do 82


Venres 26 de Decembro as 22:30 no mesón A Mina.

Para asistir chamar a Agustín (616386553) antes do martes 23 ou confirmar asistencia no grupo do facebook.
Información enviada por Agustín Trabadelo.

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

"O ARBITRO TENTOU SUSPENDER O PARTIDO POLO ESTADO LAMETABLE DO CAMPO DA MINA"

Sp. Pontenova 6 - C.D. San Ciprian 2



Sp. Pontenova: David, Ovidio, Alvaro, Borja, Andrei, Juan, Bruno, Rodrigo, Cristian, Roi e Oscar. Tamen xogaron: Adrian, Mateo, Cubelas, Jose Luis e Anxo.

Goles: Roi (II), Cristian (II) e Oscar (II)


O Sporting Pontenova impúxose por 6-2 ao San Ciprian nun partido no que o terreo de xogo da Mina volveu condicionar o fútbol. Os locais chegaron ao descanso coa vantaxe de 2-0 en base a un fútbol práctico, tentando sacar o balon da lama na zona central para xogar polas bandas. 

Na reanudación o San Ciprian achegouse no marcador tras errar un penalti os locais, pero dous goles case seguidos dos locais pecharon un partido de batalla e fútbol directo. 

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

"O Sporting non soubo sobrepoñerse as baixas en Rúa"

S.D. Candelaria  4 - Sp. Pontenova 0

Sp. Pontenova: Juan, Ivan, Carlos, Bruno, Tontxu, Puente (Borja Lombardero), Ivan, Mac (Caseto), Fran (Keitas),  Venancio e Adrian Pasarin. 

Un Sporting Pontenova plagado de baixas visitou o Campo da Granda en Rúa, onde se viu claramente superado polo equipo local. 

Ruben, Villi e  Rivas por sanción; Manu, Jorge e Anxo por Lesión; Garboso e Arango por motivos persoais causaron baixa para este partido. 

Aguantou ben o equipo na primeira metade, hacia o minuto 40 tuvo duas claras ocasións para adiantarse nas botas de Puente e Venancio pero non conseguiron introducir o balón na rede, xa no minuto 45 chegaría o primeiro gol local.

Na segunda metade, a S.D. Candelaria foi superior, conseguindo aumentar a ventaxa ata o 4-0 final.

O vindeiro partido, será o último da primeira volta, o vindeiro sábado día 20 as 16:00h contra o Meira C.F. 

¡Aúpa Sporting!