lunes, 6 de octubre de 2014

O EQUIPO SÉNIOR ROMPE O "MALEFICIO" DAS FEIRAS


SEGUNDA CATEGORÍA REXIONAL

Sp. Pontenova 2 - Abadin C.F. 0

Sp. Pontenova: Rubenon, Carlos, Arango, Anxo, Villi, Ivan, Maketo (Fran), Jorge (Puente), Tontxu (Luis), Venancio (Caseto) e Pasarín (Keitas)

Goles: Pasarín e Anxo

O Sporting Pontenova consegue a súa cuarta victoria consecutiva fronte a un bo Abadin por 2 goles a 0.

O partido comenzaba ranqueante para o Sporting Pontenova, con dominio alterno e sen chegar a coller o sitio no terreo de xogo. A partir do minuto 20 o equipo asentouse no rectángulo de xogo collendo o dominio do partido e xerando ocasions mais claras ante un Abadin que se mostrou bastante agresivo no transcurso do encontro. Sería sobre o minuto 35 da primeira metade cando Maketo inventa un asistencia magnifica que deixa solo a Adrian Pasarín diante do porteiro, fulminandoo e colocando o primeiro no marcador. 

Cando morría a primeira metade, no minuto 44, unha agresion dun xogador visitante sobre Adrian Pasarin, provocaba a expulsión deste e unha falta na frontal da área que trasformaria de xeito maxistral Anxo, colocando o 2-0 no marcador.

Na segunda metade, o Sporting ralentizou o encontro, e puido ampliar a vantaxe, pero Jorge nunha ocasión e Fran noutra non acertaron co marco visitante.

Con este triunfo o equipo suma a súa 4ª victoria consecutiva e sitúase na 3ª posicion da táboa clasificatoria, a un punto do líder, o C.D. Foz. 

A vindeira xornada o equipo desprázase a Alfoz, para medirse o equipo local, o partido será o domingo as 16:30h no Municipal de Alfoz.

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

Sp. Pontenova 2 - S.D. Burela 7

Sp. Pontenova: Mateo, Cubelas (Andrei), Álvaro, Roi, Juan (Anxo), Rodrigo (Marcos), Christian, Ovidiu (Iván), Borja, Javier (Raúl) e Óscar. 

Goles: Roi e Iván

O Sporting Xuvenil caeu fronte o lider da categoría que sentenciou o partido xa nos primeiros minutos.

¡Aúpa Sporting!

A S.D. Albións na Carreira Val das Fabas en Lourenzá

Click to View Full-Screen Image
Un fin de semana máis correron unha proba os atletas Manolo Varcarcel (Ventura) e Ana Glez. Margaride da S.D. Albións, desta volta no veciño concello de Lourenzá. Destacar que ambos ganaron nas súas categorías nunha carreira na que Ventura foi o encargado de cortar a cinta de salida.
No seguinte ENLACE tedes máis de 500 fotos do evento.
Resultados da carreira pinchando en "Leer más..."