lunes, 29 de septiembre de 2014

SPORTING PONTENOVA 2014/2015

SEGUNDA AUTONOMICA REXIONAL 

SDR SACIDO 1 - SP. PONTENOVA 2

O EQUIPO DE DANI MOIRÓN ASALTA O MUNICIPAL DE VIVEIRO

Sp. Pontenova: Rubenon, Carlitos, Arango, Bruno, Villi,  Anxo, Ivan Fdz, Jorge (Roi), Keitas (Caseto), Tontxu e Adrian Pasarin. 

Goles: Tontxu e Anxo

O equipo gualdinegro, trouxo os 3 puntos de Viveiro logo de superar o Sacido por 1 gol a 2, nun partido complicado, ante un gran equipo que lle puxo as cousas moi dificiles os pontenoveses.

Presentabase un dificil reto traer os tres puntos, o equipo tiña problemas para completar a convocatoria polas baixas de Juan, Venancio, Maketo, Luisin, Fran, Villaouruz (Motivos persoais), Garboso (Lesión) e Puente (Sancion), polo que entraron na convocatoria os xuvenís Rodrigo e Roi. 

No minuto 1, Tontxu adiantaba os visitantes cun gran gol dende fora da área nunha contra moi ben levada por Jorge. O equipo gualdinegro sufriu para chegar o descanso coa vantaxe no marcador. 

A segunda metade non puido comenzar de peor maneira, os 8 minutos o Sacido empataba o encontro, logo dun fallo de marcaxe na zaga visitante.

O equipo lonxe de virse abaixo, conseguía volver adiantarse no marcador no minuto 25 por medio dun cabezazo de Anxo. Pero no min 30 da segunda metade Bruno resultaba expulsado por doble carton amarelo. Dende ahi ata o final, o equipo sufriu moito pero conseguiu traer o botin nunha das saídas mais dificiles da temporada. 

PRIMEIRA AUTONOMICA XUVENIL

SP. PONTENOVA 1 - U.D. PASTORICENSE 5

Sp. Pontenova: Mateo, Cubelas (Anxo), Alvaro, Borja, Andrei (Dani), Rodrigo, Roi, Christian, Jose Luis (Marcos), Oscar (Javi) e Ovidiux (Ivan)

Gol: Roi

O equipo xuvenil non puido cun superior Pastoriza no Campo da Mina. O conxunto adestrado por Andres Bouza viuse superado por un equipo visitante con maior fisico.

¡AUPA SPORTING!

Esquela funeral Manuel Salvador Losas López "De Casa da Ferrería de Bogo"