martes, 9 de septiembre de 2014

Fotos Antiguas de Dorinda Abella Vares (Casa Da Rega Xudan)


Esquela funeral Antonio Fojaca Fernández "Casa Lepe - Val" - Riotorto


SPORTING PONTENOVA SENIOR 2014/2015


Primeiro partido de Liga para o Sporting Pontenova, que se desprazaba o Campo do Ventiño a Goiriz para enfrontarse o equipo local. 
O técnico gualnegro, viaxou xusto de efectivos, xa que só dipoñía de 13 xogadores do equipo sénior, máis a convocatoria do Xuvenil Borja, que cuaxou unha boa actuación.
Causaron baixa para este partido: Carlos, Keitas, Ivan Reimonde, Tontxu e Juan por motivos persoais e Garboso e Venancio por enfermidade. 

Sporting Pontenova: Rubén, Luis, Arango, Bruno, Villi, Anxo, Ivan Fdz (Maketo), Puente, Jorge (Borja) , Fran (Caseto) e Adrian Pasarin. 

Gol: Anxo (p)

O Goiriz fixose cos tres puntos nun partido igualdo e con poucas ocasions de gol, que se puxo de cara para o equipo visitante ao final do primeiro tempo, cando Anxo abriu o marcador dende os once metros despois dun claro penalti.

No segundo tempo o xogador local Luis igualou o choque tras convertir un lanzamento directo logo dunha falta inexistente sinalada polo colexiado e a falta de 15 minutos para o final, o central local Jano deu a puntilla despois dunha xogada de estratexia que comenzou nun saque de banda. 
A vindeira xornada o Sporting Pontenova recibe, na tarde do domingo o C.D. Xermade, un dos galos da categoría, no que será o debut do equipo no Campo da Mina esta temporada. O partido dará comezo as 17:00h

O técnico local espera poder contar coa totalidade do plantel e intentar inaugurar o casilleiro de puntos nesta temporada 2004-2015 que se prevé moi igualada. 

¡Aúpa Sporting!


PRESENTACION OFICIAL SPORTING PONTENOVA 2014/2015

O pasado venres tivo lugar, no Campo da Mina a presentación oficial do Sporting Pontenova para esta temporada 2014/2015.
As primeiras novidades chegan no equipo directivo, que queda formado da seguinte maneira:


  • Antonio Lombardero (Marino) - Presidente
  • Ramón Rivas (O Tren) - Vicepresidente
  • Javier Cruña (Goá) - Tesoureiro
  • Candida Acebo - Secretaria
  • Manuel Ginzo (Pada) - Vocal
  • Jose Manuel Corbeiras (Curvi) - Vocal
Con respecto o equipo que competirá en Segunda Categoría Rexional, destacar as novidades de Adrian Pasarín, Ruben e Bruno, procedentes do Astur Vegadense e a incorporación de Caseto.

No cadro de baixas o equipo tamen sufriu un gran golpe, xa que abandonan a práctica do fútbol afeccionado Ottoe Luis Miguel Rivas, Marcos Conde e baixa temporal por motivos laborais e ademáis de Manu que se ausentará a primeira volta debido aos seus estudos. 



Faltan na imaxe: Antonio Gavin (Tonxtu) e Sergio Arango.

O equipo xuvenil, moi rexuvenecido, segue confiando en Andrés Bouza para levar o timón, e perdeu tres xogadores da pasada tempada: Miguel Villarquide, Borja Rodriguez e Josito.

Este ano o adestrador terá 20 xogadores as súas ordes.


Falta na imaxe: Bruno

¡Aúpa Sporting!