lunes, 31 de marzo de 2014

Playback de adultos organizado pola Comisión de festas




Este sábado pasado celebrábase no Local das Sociedades un Playback de adultos organizado pola Comisión de Festas da Pontenova para recaudar fondos para as mesmas.
Houbo moita afluencia de público e unhas actuacións dos "artistas" locales que fixeron disfrutar a todos os asistentes.
O acto alargouse ata entrada a madrugada con moi bon ambiente e deixando moi bon sabor de boca a todos os veciños.
Aquí vos deixamos un par de fotos do evento. Si alquén sacou máis fotos e quere que as publiquemos nesta web pode envialas desde a sección "Contacta"

S.D. Albións no IV Costa-Trail de Oleiros 2014



Este pasado domingo celebrouse en Oleiros o IV Costa-Trail de Oleiros CTO 2014 e aló foron dous atletas da Pontenova, Manolo Ventura e Begoña Alonso. Acompañados por algúns amigos do Club de Atletismo Ribadeo recorreron os 18 kms dos que constaba a proba organizada pola Sociedad de Montaña Ártabros.



Aquí vos deixamos algunha foto máis da proba e o cartel anunciador da mesma:

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA CATEGORÍA REXIONAL

O SPORTING COLLE O TREN DA SALVACIÓN

SPORTING PONTENOVA 3 - RIOTORTO C.F. 2

Sp. Pontenova: Juan, Luismi, Manu, Arango, Villi, Ivan (Luis), Anxo, Patxi (Puente), Tontxu (Borja), Jorge (Keitas) e Iago.
Goles: Jorge, Anxo (p) e Keitas


Emocionante e intenso o derbi xogado na tarde de ontes no Campo da Mina, que presentou unha moi boa entrada. O partido non defraudou, goles, intensidade e emoción ata o último momento, entre dous equipos que foron un exemplo de deportividade ao longo dos 90 minutos. 


Destacar tamen o bo comportamento das duas afeccións que contribuiron ao espectáculo. 

Comenzaria mal o partido para o Sporting, xa que o Riotorto se adiantaba a media hora de encontro, pero o fío do descanso Jorge cun zapatazo dende a frontal da área. 

Despois de pasar por vestiarios, no ecuador da segunda metade un claro penalti cometido sobre Ivan, transformaria Anxo colocando o 2-1 no marcador. A falta de 5 minutos, Moreno colocaba o segundo no marcador visitante establecendo o empate. O Sporting sabedor da importancia do partido, non se veu abaixo e Keitas, no minuto 90 establecia o definitivo 3-2 nunha boa contra culminada cun zapatazo a escadra da meta defendida por Ramallal. 

Con estes tres puntos, o Sporting segue vivo na loita pola permanencia, quedan 3 xornadas, nas que o Sporting terá que esforzarse o máximo para acadar o seu obxetivo. 

A vindeira xornada o equipo gualdinegro desprázase o Campo da Liga en Santaballa. O partido terá lugar o SABADO as 17:00h. A expedición sairá as 15:00h do Bar Puente.

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

O SPORTING FIXOSELLE LONGO O PARTIDO

SPORTING PONTENOVA 2 - CLUBE DEPORTIVO FOZ 5

Sp. Pontenova: David (Borja Rodriguez), Pedro (Cubelas), Juan, Borja Lombardero, Andrei, Rodrigo, Roi, Carrick, Trulli (Adrian), Ovidiu e Bruno (Alvaro)

Goles: Carri II


O equipo local plantoulle cara na primeira metade o C.D.  Foz, incluso de adiantou no marcador (1-0) cun tanto de Carri tras unha boa xogada individual de Ovidiu. O Foz conseguiria darlle a volta o marcador pero Carri volvía establecer tablas. Chegaríase o descanso co marcador de 2-2.


Na segunda metade o equipo visitante foi superior e plasmouno no marcador ata chegar o 2-5 final. 

A vindeira xornada o Sporting visita o Campo da Veiga en San Ciprian.

¡AÚPA SPORTING!