lunes, 3 de marzo de 2014

SPORTING PONTENOVA. A XORNADA

SEGUNDA CATEGORÍA REXIONAL

Sporting Pontenova  0 - Mondoñedo F.C 2

Sp. Pontenova: Borja (Lombardia), Marcos Conde, Manu, Anxo, Villi, Carlos (Luis), Ivan, Patxi, Tontxu, Garboso (Keitas) e Puente.

Partido condicionado polo mal estado do terreo de xogo que presentaba a Mina, nunhas condicions lamentables e polas múltiples baixas que presentaba o equipo local, non podendo contar con ata 10 xogadores importantes. O Mondoñedo adaptouse mellor a este condicionante, e no minuto 14 conseguía adiantarse logo dun mal despexe da zaga Sportingüista. O Sporting non era capaz de sentirse agusto sobre o terreo de xogo, aínda así tivo boas ocasións para empatar, ainda que non conseguiu transformar a gol ningunha delas. Sería xa nos minutos de desconto cando o Mondoñedo sentenciaba o partido marcando o segundo gol cando o equipo de Dani Moirón estaba volcado buscando o empate. 

Na próxima xornada o Sporting desprázase o dificil Campo da Fonte, en Cospeito nun partido moi importante para o obxectivo da permanencia. O partido será o sábado as 16:30h

PRIMEIRA AUTONOMICA XUVENIL

A.D. Praia de Covas 9 - Sp. Pontenova 2

Sp. Pontenova: Borja Rodriguez, Cubelas, Borja Lombardero, Roi, Juan, Ovidiu, Bruno, Rodrigo, Oscar, Andrei e David.

Goles: Rodrigo e Oscar

O equipo xuvenil tiña unha dificil saída, contra un rival que de gañar, xogaría a fase de ascenso a superior categoría. O equipo de Andrés Bouza viuse sobrepasado por un rival moi superior en todos os aspectos. Ainda así o 1-0 non chegaría ata a media hora de xogo, a partir de ahí o equipo local soltouse e foi ampliando a diferencia ata o 9-2 final que indica o marcador.

Con este partido remata a liga. O proximo sabado comezará xa a fase previa da copa, enfrentándose o E.D. Lourenza na Mina.

VETERANOS

Veteranos de Barreiros 1 - Sporting Pontenova 0

Sp. Pontenova: Rodriguez, Carlos Sando, Sachas, Barrera, Marino, Fidel, Manolo Gavelo, Dario Campos, Ramon Xudan, Gustavo e Juanfri. Tamen Xogaron: Ramon Tren, Freitas e Lopez.

Segunda xornada da Liga do Norte de Veteranos. O Sporting desprazouse o Campo do Cascabeiro en San Cosme de Barreiros para medirse os veteranos desta localidade.

O Sporting fixo unha das mellores primeiras partes da temporada, pero non logrou reflexar no marcador a súa superioridade. O Barreiros cun golazo, fixose co partido.

O vindeiro partido será o sabado 15 as 16:30h no Campo da Devesa, en Ribadeo contra o A.V. Ribadeo. Tocaba xogar na casa pero debido o mal estado do terreo de xogo invertironse o orde de campos co Ribadeo.

¡Aúpa Sporting!