jueves, 2 de enero de 2014

Mañá remata na Pontenova a primeira fase do proxecto “Contos de pícar@s imaxinando o tren”

Nenos e nenas da Pontenova rematan a primeira parte dun conto expositivo xigante que irá seguindo o percorrido do antigo tren Vilaoudriz-Ribadeo.

O proxecto culminará nunha exposición itinerante e coa publicación dun libro

O CRA Ría del EO, San Tirso de Abres, Vegadeo e Ribadeo tamén participarán no proxecto

Ribadeo, 2 de xaneiro 2014.– O obradoiro artístico “Contos de pícar@s imaxinando o tren” remata mañá venres na Pontenova coa presencia do alcalde, Darío Campos. A Pontenova e San Tirso de Abres son os primeiros dous concellos de Galicia e Asturias que participan nun proxecto artístico que levará ás nenas e nenos a imaxinar qué ocorrería se volvese a funcionar o antigo tren mineiro Vilaoudriz-Ribadeo. En San Tirso, os obradoiros prolónganse ata o mes de marzo.

O proxecto “Contos de píacar@s imaxinando o tren” consiste na creación dun libro xigante que vai seguindo o percorrido do vello ferrocarril. Os pícaros imaxinan as diferentes partes da historia e cóntana dende a súa ata a seguinte estación. “Na Pontenova os pícaros xa elexiron personaxe: Miranda, unha nena de 15 anos que sube ao tren para ir ata a praia de Ribadeo e no camiño atopa unha problemática social que deberá tratar de resolverse nas seguintes fases do conto”, explica Celtia Traviesas, responsable de proxectos culturais na cooperativa ribadense MAUmarela que origaniza esta actividade.
O obradoiros contemplan clases de arte, maquetación artesanal dun libro, escritura creativa, debuxo de paisaxe, toma de fotografías, gravación dun vídeo, excursións, performaneces, charlas e ata sesións interxeneracionais de Arteterapia. Como resultado de todas estas actividades, farase posíbel unha exposición de libros-escultura, bocetos, notas e fotografías. Asimesmo, o proxecto contempla a publicación dun libro final patrocinado pola Deputación de Lugo. 



Pes de foto: 
conisa.jpg_ Sesión interxeneracional na Pontenova con Isabel Sampedro contándolles aos pícar@s recordos do tren
conlucia_ Sesión de traballo con Lucía Vila, profesora de ilustración.
pintando_Participantes do taller pintan o libro expositivo.

Esquela aniversario Homerio García Rojas "Estación de Servicio - A Pontenova"


Esquela aniversario José María González Díaz "Casabella - Trasdacorda"


Esquela funeral Antonio Cancio Cereijo "Casa do Grande - Villaeimil"