jueves, 4 de diciembre de 2014

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

"CANDO O PROTAGONISTA DEIXA DE SER O FÚTBOL E PASA A SER O CAMPO"

SEGUNDA CATEGORÍA AUTONÓMICA. GRUPO 7

 SPORTING PONTENOVA 2 - C.D. FOZ 2

Sp. Pontenova: Rubén, Luis (Oscar Ramallal), Bruno, Anxo, Villi, Rivas, Garboso (Mac), Tontxu, Ivan Villaouruz (Puente), Carlitos e Adrian Pasarin.

Goles: Ivan Villaoruz e Adrian Pasarin


O encontro foi suspendido polo colexiado segundo aparece reflexado na web da FGF.

Cando se disputaba o tempo engadido decretado polo colexiado e tras a sinalización dunha falta a favor do Foz que rematou coa expulsión de dous xogadores locais o colexiado sinalou o camiño dos vestiarios. Quedaba a dúbida se decretara o final do encontro ou a súa suspensión, finalmente o colexiado suspendeu o encontro e enviou un anexo relatando graves altercados, dende a Pontenova sinalaron que están preparando xa as alegacións a este anexo.



No estritamente deportivo o encontro moi condicionado polo estado do terreo de xogo o marcador sinalaba empate a dous tantos,Diego Hermida adiantou ós visitantes dende o punto de penalti cando se levaban tres minutos de xogo. Antes do cuarto de hora de xogo a Pontenova xa devolverá a igualdade ó marcador, Iván Villaouruz foi o autor do gol.

A volta de vestiarios e tras un saque de esquina Bouso volvía adiantar no marcador ó Foz que parecía estar moi preto de levar os tres puntos pero apareceu en escena Adrián Pasarín, o dianteiro local aproveitou unha contra para establecer o dous a dous. O encontro deixou catro expulsados, Luismi Rivas, Rubenón e Villy na Pontenova e David Álvarez no Foz.



PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. GRUPO 7

SPORTING PONTENOVA 1 - OUTEIRO DE REI 1

Sp. Pontenova: Mateo, Javi, Borja, Adrian, Ovidio, Juan, Rodrigo, Bruno, Anxo, Cristina e Roi. Tamen xogaron David, Andrei, Dani, Ivan e Marcos.

Gol: Roi

O Sporting Pontenova e o Outeiro de Rei firmaron tablas nun encontro no que o mal estado do campo foi a chave para o desenvolvemento do partido.
Os locais aproveitaron esta circunstacia para sorprender aos visitantes e conseguir sacar un punto ante un dos rivais situados nos postos altos da clasificacion. ambos equipos tiveron que fiar todas as ocasións a xogadas a balón parado, e así chegaron os goles, ambos na primeira metade. Adiantouse o Outeiro, por medio dun centro chut desde moi lonxe no minuto 22 e o Pontenova igualou cun tanto de Roi tras rematar un corner coa testa. 
Na segunda metade o estado do campo empeorou e mantivose o empate.

¡AÚPA SPORTING!