lunes, 1 de diciembre de 2014

Exposición de Antonio Rivas Pol (Xudán, A Pontenova,1.948)

Antonio Rivas Pol
Comprácese en convidalo/a á inauguración da súa exposición de
ACUARELAS
Acto que terá lugar o próximo venres, día 5 de decembro, ás 19,30 h. na sala de exposicións   "Mercado Vello" 
AS PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ

Currículo de Antonio Rivas (Pinchando en "Leer más...")

ANTONIO RIVAS POL
Tf: 981468041 Móbil: 634241420
Antonio Rivas Pol naceu en maio do 1948, en Xudán, A Pontenova (Lugo).  
FORMACIÓN
Estuda a carreira de Maxisterio en Lugo, que exercerá ó longo da súa vida profesional en diversos lugares: Chantada (Lugo), Caborana (Asturias) e Ferrol, lugar no que reside na actualidade.  
PERCORRIDO PICTÓRICO
Dende sempre sentíu a necesidade de expresarse por medio do debuxo e a pintura, área que impartía ós seus alumnos/as, e na que se especializou por mor dunha maior formación, con cursos oficiais ou con aportación de expertos en temas que consideraba importantes. Foi así como coñeceu ó acuarelista asturiano, Sellaño; a quen invita ás súas clases de plástica coa finalidade de avezar ó alumnado nesta técnica tan esvaediza.
Aínda que os seus comezos foron óleos, a partir da amistade con este acuarelista foise pasando gradualmente ó mundo da acuarela en exclusividade. Conversas, lecturas, visitas a exposicións e moito papel roto, son os métodos de traballo de Antonio Rivas, pintor autodidacta. Sempre cre no camiño persoal de cada artista como seña de formación, atopando na paisaxe un mundo inesgotable de aprendizaxe e inspiración.  
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
1990. Caixa de Aforros de Galicia, Ferrol (A Coruña).
1991. Banco Galego, Lugo.
1993. Casino Ferrolán, Ferrol.
1994. Banco Galego, Lugo.
1996. Casino Ferrolán, Ferrol.
1997. Concello de Pontedeume, Pontedeume (A Coruña).
1999. Ateneo Ferrolán, Ferrol.
2002. Casino de Ares (A Coruña).
2003. Real Coro Toxos e Flores, Ferrol.
2003. Casino Aresano, Ares (A Coruña)
2006. Real Coro Toxos e Flores, Ferrol.
2010. Casino de Ares (A coruña)
2012. Sala de Arte Paramés (Ferrol)
2014. Sala da Cultura de Porto don Son
Sala de exposicións do Casino Aresano (Ares)
Sala do “Mercado Vello” de As Pontes

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
1991. Feitura 91. Ateneo Ferrolán, Ferrol (A Coruña).
1992. Feitura 92. Ateneo Ferrolán, Ferrol.
1993. Feitura 93. Ateneo Ferrolán, Ferrol. Arte para unha Navidade 93. Galería Arte Galicia, Ferrol.
1994. Ares 94. Casino de Ares (A Coruña).
1999. Acuarela 2000. Casino Ferrolán, Ferrol. Certame de Pintura “Premio Almirante 1999”. Centro Cultural da Armada, Ferrol.
2005. “7 artistas Ferrolanos” na Sala Áncora, Cedeira (A Coruña). Exposición de pintura-escultura “Artistas de Ferrol” Centro Comarcal da Mariña Occidental, Viveiro (Lugo). II Exposición Pequeño Formato. Ateneo Ferrolán, Ferrol.
2.011. Casa de Cultura “Las Palmeras” Neda. A Coruña
Sala de Exposiciones “Aula de Cultura de Ortigueira. A Cortuña
Centro Comarcal da Mariña Occidental Viveiro (Lugo)
Sala de Exposiciones “Obras del Puerto (Ferrol)
2.012. Sala de Exposiciones “Asociación de Artistas” ( A Coruña) Grupo Liceo
Sala de Exposiciones “Asociación de Artistas” ( A Coruña ) Grupo 8B
Sala de Exposiciones “Centro Municipal de Usos Múltiples) A Coruña
Museo Naval EXPONAV Ferro.
Sala de Exposiciones “Obras del Puerto” Ferrol.
Sala de Usos Múltiples Riego, Ferrol.

Sala de Exposiciones “Sporting Club” A Coruña