domingo, 14 de diciembre de 2014

«Estou máis en política polo meu veciño que por calquera outra cousa»


Leva como voceiro municipal case tres anos, pero o vindeiro maio Iván Rivas Rico (A Pontenova, 1976) estrearase como candidato ás eleccións municipais. O fará poñéndolle cara a un BNG que pretende ser máis aberto ca nunca tras un proceso de asembleas e incorporando na candidatura a independentes. Con dous concelleiros na corporación, o alcaldable nacionalista, arquitecto de profesión, aspira a poder «transformar a cidade», xa sexa dende o goberno ou dende a oposición.
-¿Que agarda das próximas eleccións para o BNG?

-Que sexan un punto de inflexión para esta cidade. E isto pasa por romper coas cadeas que dende Madrid nos amordazan e nos impoñen dende hai décadas. Para esta cidade a situación xa é insoportable.
-¿En que aspectos?
-O desmantelamento do principal sector produtivo durante as últimas décadas; ou que se nos obriga a pagar un saneamento máis caro, insostíbel e incompleto, que é competencia ademais estatal, mentres o mesmo Estado non paga por ocupar máis do 20 % do solo urbano deste concello e mantén unhas infraestruturas ferroviarias obsoletas cun trazado de hai máis de cen anos. Para unha cidade como esta é suficiente, e por iso considero que temos que romper con estas cadeas ás que levamos prendidos durante décadas.
-¿Que cousas concretas proporá para Ferrol?
-Hai que actuar en base a tres criterios. O primeiro, recuperar a dignidade opoñéndose a ese deseño político dende a centralidade do Estado. Segundo, necesitamos autoorganizarnos, ser capaces de deseñar o noso propio futuro, porque ninguén de fóra nos vai vir resolver os nosos problemas. Isto pasa por recuperar a prestación de servizos públicos, como o transporte, a recollida de residuos ou o mantemento das infraestruturas eléctricas. E en terceiro lugar, pasa por recuperar a nosa autoestima, recoñecer o valor da nosa riqueza patrimonial, a cultural, histórica... E en base a ese recoñecemento, empezar a investir na recuperación arquitectónica, urbana, tanto dos edificios municipais como nos de titularidade privada, mediante axudas e subvencións que permitan e faciliten o acceso á vivenda e permitan facer esa recuperación da autoestima que tanto necesita. Unha cidade ademais que ten motivos para poder estar orgullosa do que ten.
-¿A que resultado aspira o BNG?
-Nós aspiramos a transformar esta cidade, sexa da maneira que sexa. E a canalizar as demandas sociais que existen na cidade no ámbito municipal.
-¿E iso con cantos concelleiros se consegue?
-Pois depende. Se pode transformar dende a oposición e dende o goberno.
-Hai quen o segue a ver como o fillo da exconcelleira Elia Rico. ¿Que lles diría a esas persoas que o ven así, como un cargo «hereditario»?
-No estado no que está esta cidade eu estou máis en política polo meu veciño que por calquera outra circunstancia.
iván rivas rico candidato do bng ás eleccións municipais
La corporación municipal de Ferrol se reunirá hoy en sesión extraordinaria (9.30 horas) para aprobar la licitación del contrato del suministro eléctrico y mantenimiento del alumbrado público de Ferrol. El gobierno local sacará adelante los pliegos, que prevén un contrato a 15 años por un importe anual de 2,75 millones de euros, con la previsible oposición de los grupos de izquierda. Además, se debatirán las nuevas ayudas para la dinamización del comercio.