jueves, 27 de noviembre de 2014

Un espazo na internet para: A Sociedade Galega.

Que é o dominio .gal?
No marco da actual sociedade da información o que non está en Internet non existe. A comunidade galega no mundo, con máis de 4 millóns de persoas, a nosa lingua e a nosa cultura precisan dunha marca propia coa que identificar todos os contidos que xeramos na Rede e, así, facernos máis visibles dentro deste espazo de comunicación global. O .gal é o dominio que debe correspondernos como comunidade con fortes vencellos lingüísticos, culturais, históricos, sociais... unha especie de sufixo co que identificar en Internet as páxinas escritas en galego e que se dirixan á sociedade galega nas súas comunicacións en liña que, tendo en conta a nosa dispersión no mundo, non se circunscriba a un ámbito territorial concreto. Tecnicamente viable e económica, social, lingüística e culturalmente rendible, o .gal encádrase nos dominios de primeiro nivel esponsorizados.

O dominio é xestionado pola Asociación Puntogal e os ingresos económicos que se produzan pola actividade do dominio servirán para o mantemento do propio dominio e no caso de producírense beneficios estes serán investidos no fomento da lingua e cultura galega dentro do ámbito das novas tecnoloxías

http://www.dominio.gal/