martes, 25 de noviembre de 2014

SPOTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA CATEGORÍA REXIONAL. GRUPO 7

E.D. LOURENZA 4 - SP. PONTENOVA 2

Sp. Pontenova: Ruben, Carlos (Keitas), Luis, Bruno, Villi, Anxo, Garboso (Roi Campos) , Villaouruz, Puente (Borja), Caseto (Fran) e Adrian Pasarín. 

Goles: Keitas e Adrian Pasarín

Tres goles do atacante local Chinco, foron demasiado lastre para a Pontenova de Dani Moirón.

Gran comezo do Lourenzá que na segunda aproximación ofensiva ía inaugurar o marcador, un centro de Montxo converteuno en gol Chinco, o seu remate no primeiro pau superou a Rubenón. Non cesou o cadro local na procura do gol, ata que a lesión de Recalde freou o ritmo do encontro, o seu lugar no terreo de xogo ocupouno Pichi. A Pontenova acercouse con perigo con balóns colgados e xogo máis directo pero a zaga local estivo firme. Chinco volveu aparecer e tras aproveitar un rexeite nun defensa tras un lanzamento seu, subiu o dous a cero ó marcador. Pouco despois un servizo de Carri era aproveitado por Garrafín para establecer o tres a cero, con este resultado chegouse ó tempo de descanso.

O guión non mudou na segunda metade, o Lourenzá seguiu a buscar a meta visitante e a Pontenova a crear perigo co seu xogo directo ó que respondeu moi ben o meta local Bugui. Neste intercambio de golpes os de Dani Moirón recortaron diferenzas unha contra iniciada por Rubenón acabaría en gol de Adrián García. Pouco durou a ledicia no bando visitante, como non, Chinco aparecía para rematar coa testa unha falta botada por Omar. Aínda quedaba tempo para un tanto máis, Adrián Pasarín, lograba o definitivo dous a catro cun lanzamento de falta ante o que nada puido facer Bugui.
A vindeira xornada o equipo recibo o C.D. Foz, o domingo 30 as 16:15h no Campo da Mina.

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. GRUPO 7

C.D. COSPEITO 2 - SP. PONTENOVA 3

Sp. Pontenova: David, Javier, Bruno, Roi, Borja, Rodrigo, Juan, Alvaro, Carrick, Christian e Joselu. Tamen xogaron: Raul, Andrei, Mateo, Ovidiu e Adrian. 

Goles: Carrick e Roi II

O equipo xuvenil conseguiu a súa segunda victoria da temporada no seu desprazamento o Campo da Fonte, en Cospeito.

O equipo de Andrés Bouza, que chegou o descanso perdendo por 2-0, soubo sobrepoñerse as adversidades e a pesar que sufriu a expulsión de dous dos seus xogadores remontou o partido e trouxo os 3 puntos.

A vindeira xornada o equipo xuvenil recibe o Outeiro de Rei, o sabado 29 as 16:15h no Campo da Mina, no que será o último partido da primeira volta.


 ¡AÚPA SPORTING!