miércoles, 18 de junio de 2014

Entrevistas con morriña: Rocío Rubío Moirón



Entrevista realizada por Santiago Coladas

Hoxe traemos a esta sección unha Pontenovesa, profesora de castelán e afincada en Wisconsin, trátase de Rocío Rubio Moirón (Teruel, 1.980).

Pontenova.es: ¿Como lle chaman e donde está á casa donde naciche e quenes son teus pais?.
Meu pai chámase Antonio e veu de Cella, un pobo da provincia de Teruel no que tamén nacín eu. Dende os dous anos vivín en distintos sitios da mariña lucense e cando tiña oito, a miña familia asentouse definitivamente en Vilaeimil. Miña nai chámase Fina e é da casa do Ferreiro da Casanova, en Vilaeimil.
Pontenova.es: ¿Cantos anos tiñas cando marchache definitivamente da Pontenova e cales foron os motivos? 

Tiña case 18 anos cando marchei estudiar na Universidade de Santiago.
Pontenova.es: ¿En que cidades residiche durante todos estos anos e en cal estás asentado na actualidad?
Pasei nove anos en Santiago, primeiro estudiando Filoloxía Clásica e despois Hispánicas. Dalí marchei para os Estados Unidos e estiven dous anos en Colorado facendo un Máster en Literatura Española e Hispanoamericana. Cando rematei con iso, xa estaba cansa de estudiar e marchei tres anos para Bulgaria a ensinar Literatura Española nun instituto bilingüe. Gústame moito ensinar a rapaces de instituto, pero botaba de menos o ambiente da universidade e ademáis, o meu mozo é dos Estados Unidos, por iso decidín voltar para alá. Actualmente estou vivindo en Madison, que é a capital de Wisconsin.
Pontenova.es: ¿Cal é a túa profesión?.
Son profesora de Lingua Castelá na Universidade de Wisconsin e ao mesmo tempo tamén son estudiante porque estou a facer un doutorado en Literatura Medieval Española.
Pontenova.es: ¿Sigues tendo vínculos por aquí? 
Sí, claro. Moita da miña familia vive aquí e tamén amigos cos que me gusta atoparme cando veño. Levo moitos anos sen vivir de seguido en Vilaeimil, pero para min a miña casa segue sendo esa.
Pontenova.es: ¿Qué recordos tes máis frescos da túa xuventude pola Pontenova? 
Pois lémbrome con moito cariño dun vrao no que me xuntei con meus irmáns Noelia e Simón e máis con Mónica e Susana de Morado para facer viño. Pasamos varios días apañando moras e despois machucámolas para sacarlles o xugo. Miña irmá manchou de moras unha camiseta e a mancha nunca máis se lle foi.
Tamén me lembro daqueles domingos pola mañá nos que tiñamos que ir ao catecismo os de Morado e máis nós. Despois da misa o cura, don Luis, preguntábanos qué capítulo nos puxera para estudiar e nós sempre lle dicíamos que o primeiro ou o segundo. Paréceme que nunca pasamos do terceiro capítulo, así que de catecismo non aprendimos moito, pero pasámolo ben.

Pontenova.es: ¿Volves con frecuencia por estas terras? e ¿Cando ves en que acostumbras a entretenerte?.
Volvo tódolos anos no Nadal e no vrao e gústame axurdarlles na casa cos animais, coa terra, etc. O único que non me gusta e a matanza, pásoo mal co olor do sangue e da carne recién partida. 
Outra cousa que tamén me gusta moito é pasar tempo cos meus sobriños. Dous deles viven na Pontenova, Miguel e Brais, e tamén teño unha sobriña que vive en Ferrol, Miriam. Ela ven tódolos anos pasar parte das vacacións a Vilaeimil e encántame facer pequenas excursións cos tres.
Pontenova.es: ¿Qué é aquelo que máis botas de menos de Galicia e porqué?.
Bueno, o que máis boto de menos é á miña familia, claro, pero tamén a comida, sobretodo o queixo e o xamón.
Pontenova.es: ¿Sigues a actualidade do pobo habitualmente? e ¿Conocías a nosa páxina web?, ¿Qué che parece?.
Das cousas do pobo entérome sobretodo pola familia, que me vai mantendo informada. A páxina web sí que a coñecía e paréceme unha iniciativa moi boa para que os que estamos lonxe poidamos manternos máis ao día. 
Pontenova.es: Como facemos sempre cos entrevistados, a última pregunta é igual, ¿Poderíasnos contar algunha anécdota que che ocurrise que teña algo que ver ca Pontenova?
Lémbrome dunha vez cando tiña dez anos que me perdín na Pontenova. Eu estaba preto do colexio e miña nai tiña que facer algúns recados así que me dixo “vai vindo que te espero onda a libreria de Eugenia”. Non sei que fixen pero acabei na calle do río e, claro, daquela non había móviles así que miña nai estivo a buscarme un bo pedazo. Ainda hoxe dáseme moi mal orientarme e moitas veces me lembro das palabras de miña nai cando me atopou: “ ¿Cómo te podes perder na Pontenova se ten dúas calles?”.