lunes, 2 de junio de 2014

¡A SPORTINGADA 2014 NON DEFRAUDOU!

 SPORTING PONTENOVA


O Sporting Pontenova celebrou a súa Festa Fin de Temporada, aberta a todo o público, e esta non defraudou. Mais de 300 persoas pasaron polo Campo da Mina nunha nesta xornada festiva. 

A festa infantil foi todo un éxito cunha alta participación nas competicións deportivas e un elevado numero de nenos/as nos inchables, que culminou coa esperada festa da espuma. 

A continuación a Festa da Cerveza coa posibilidade de cea enxebre, reuniu na Taberna da Mina un gran número de asistentes que posteriormente puideron gozar co Dj Dani Miranda.


Con este evento pechamos este ano deportivo, esperando que o próximo ano sexa mellor.

A Directiva agradece o apoio mostrado durante toda temporada por patrocinadores e demais persoas que fan posible esto.

¡AÚPA SPORTING!