lunes, 12 de mayo de 2014

SPORTING PONTENOVA. A XORNADA

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

C.D. Foz 4 - Sporting Pontenova 1

Sp. Pontenova: David, Trulli, andrei, Alvaro, Adrian, rodrigo, Borja, Roi, Ovidiux, Oscar e Borja Rodriguez. Tamen xogaron: Pedro e Josito.

Gol: Ovidiux

O equipo Xuvenil, que aínda non foi capaz de conseguir ningunha victoria nesta previa da Copa Deputación, caeu por 4-1 fronte o Foz. Na primeira metade, a igualdade foi clara, chegando o descanso con 1-1, pero na segunda metade o equipo de Andrés Bouza viuse superado por un Foz superior que se puxo por diante e conseguiu aumentar a ventaxa ata o resultado final.

Na vindeira e derradeira xornada, o equipo gualdinegro recibe no Campo da Mina o C.D. San Ciprian. Despois o equipo de A. Bouza cruzará o primeiro clasificado do Grupo 3, xogando como local a un partido o pase a seguinte ronda.


LIGA DO NORTE DE VETERANOS

C.D. Burela Veteranos 4 - Sporting  Pontenova 0

Sp. Pontenova: Juan Cainzos, Noé, Marino, Barrera, Manolo Gavelo, Fidel, Ramon Xudan, Gus Martinez, Jose Luis Gavino, Javin e Caseto. Tamen Xogaron: Santi Coladas e Nihat.

O equipo de veteranos que se desprazou en cadro o Campo da Marosa en Burela, para xogar a Xornada 6 da Liga do Norte de Veteranos, non puido facer nada ante un rival superior. 

Aguantaron ben os homes de Sachas na primeira metade, pero na segunda, cunha rigurosa expulsión de Barrera, o equipo non foi capaz de meterse no partido.


A vindeira cita será o vindeiro Sabado 07 de Xuño contra Os Castros de Coaña no Campo da Mina.

 ¡AÚPA SPORTING!