viernes, 23 de mayo de 2014

8 lucenses que estaban no paro melloran na Pontenova servizos públicos, co plan de emprego da Deputación de Lugo


Fuente: StadioSport
8 lucenses que estaban no paro traballan agora na Pontenova, mellorando servizos públicos, co plan de emprego da Deputación. Son os traballadores contratados a través deste Concello mediante a programación do organismo provincial que combate o abandono da Xunta de Galicia, posto que beneficia a municipios de menos de 5.000 habitantes e da Rede Natura, excluídos dos obradoiros e escolas taller do Goberno galego dende 2009.
O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano, xunto ó Alcalde da Pontenova, Darío Campos, mantivo este mércores un encontro cos 8 traballadores do plan
da Deputación. Teñen contrato de 15 meses, fronte ós 6 meses dos obradoiros de emprego doutras administracións. Desenvolven obras no medio rural, intervencións en espazos públicos e naturais, medidas preventivas en defensa do medio ambiente..., atenden, en definitiva, as necesidades da Pontenova en prol da mellora dos seus servizos públicos.
A Deputación asume as nóminas e os custes da seguridade social, facendo que o gasto do plan para as entidades locais sexa de cero euros. Máis de 200.000 euros é o orzamento que concede a institución provincial á Pontenova. Debido á situación das arcas municipais, a institución luguesa ofrece ós Concellos o anticipo do 90% do orzamento que lles corresponde. Deste xeito, xa ingresou nas arcas municipais da Pontenova 194.508 euros.


Os Concellos foron os encargados de realizar os procesos de selección do persoal. O número de traballadores por Concello determinouse polo número de habitantes, cun máximo de 11 para Concellos de ata 5.000 habitantes e un mínimo de 4 para os de menos de 500. Á Pontenova, cunha poboación de 2.673 habitantes, correspondéronlle 8 traballadores e unha subvención de 216.120 euros para nóminas e gastos á seguridade social durante 15 meses, que lle foi anticipada nun 90%.