lunes, 30 de diciembre de 2013

SPORTING PONTENOVA. CEA DE NADAL

Na tradicional cea de Nadal do Sporting celebrada este pasado venres no Restaurante La Rectoral en Taramundi, a que asistiron xogadores do equipo xuvenil, do equipo sénior e do equipo veterano ademais dos corpos técnicos e directiva, entregaronse os premios os mellores do equipo veterano, cuxa temporada acaba de rematar. 




O premio o "Máximo Goleador" foi para Toñito, aínda que chegou tarde o equipo, foi un referente a hora de anotar gol. Destaca polo seu olfato goleador, a súa rapidez e picardia, que volve tola as defensas contrarias.




O premio o "Xogador máis regular" nesta temporada foi para o Marino, que tan só faltou a un partido durante toda a temporada, por motivos de forza maior. Toño é o xefe da banda esquerda pontenovesa, destacando polo seu gran esforzo e traballo partido tras partido.






O premio o "Mellor Xogador" da temporada foi para Sachas. Central habitual nas aliñacions dos veteranos, é o encargado de poñer orde e rigor o equipo.






Por último, o premio mais especial, foi para Magico "O Mellor Utillero". Pola súa traxectoria, case 20 anos a disposición do Sporting Pontenova. Encargado de ter o Campo da Mina (a súa segunda casa) nas mellores condicións posibles. Sempre a disposición do clube. Un recoñecemento merecido.




¡Aúpa Sporting!