jueves, 19 de diciembre de 2013

Esquela aniversario Arturo López Lombardero "Casa Queitanón - Candaedos"


Esquela aniversario Sita Álvarez Seijo


Línea eléctrica Boimente-Pesoz

La corporación municipal de O Valadouro aprobó por unanimidad en el pleno celebrado el martes, sumarse al Concello de A Pontenova y a otras entidades asturianas y presentar recurso contra la declaración de utilidad pública de la línea eléctrica Boimente-Pesoz. Además, en O Valadouro reclaman que la empresa les entregue una separata de las obras que van a ejecutar en el término municipal, para conocer con exactitud cuáles son los bienes afectados. Así lo explicó el alcalde, señalando que además de las afecciones en puntos determinados, como el Pozo da Onza o el barrio de San Cristovo, donde el tendido pasa muy cerca de viviendas, tienen el problema de que ignoran qué caminos e infraestructuras municipales quedan afectadas. Y aunque la línea está declarada de utilizad pública y no precisaría de licencia municipal, dijo, las obras para hacerla si que la necesitan.
La Voz De Galicia

A Pontenova e San Tirso inauguran un proxecto artístico arredor da memoria do antigo tren implicado aos máis pequenos


Os nenos e nenas de A Pontenova e San Tirso de Abres participarán dende este Nadal no obradoiro artístico“Contos de pícar@s imaxinando o tren”.

O proxecto culminará nunha exposición itinerante e coa publicación dun libro.

Vegadeo e Ribadeo tamén participarán no proxecto

Ribadeo, 13 de decembro 2013.A Pontenova e Santirso serán o primeiros dous concellos de Galicia e Asturias que participarán nun proxecto artístico que levará ás nenas e nenos a imaxinar qué ocorrería se volvese a funcionar o antigo tren mineiro Vilaoudriz-Ribadeo.

O proxecto “Contos de píacar@s imaxinando o tren” consiste na creación dun libro xigante que irá seguindo o percorrido do vello ferrocarril. Os pícaros imaxinarán as diferentes partes da historia e contarana dende a súa ata a seguinte estación. Deste xeito, os nenos de Santirso de Abres deben retomar a historia onde a acabaron os da Pontenova e así ata chegar a Ribadeo, onde se elaborará “o desenlace da historia”.
O obradoiros contemplan clases de arte, maquetación artesanal dun libro, escritura creativa, debuxo de paisaxe, toma de fotografías, gravación dun vídeo, excursións, performaneces, charlas e ata sesións interxeneracionais de Arteterapia. Como resultado de todas estas actividades, farase posíbel unha exposición de libros-escultura, bocetos, notas e fotografías. Asimesmo, o proxecto contempla a publicación dun libro final patrocinado pola Deputación de Lugo. 

San Tirso de Abres valora a interterritorialidade do proxecto                                                                                     En San Tirso de Abres os talleres comezan o 21 de decembro. A alcaldesa,  Mª Goretti Quintana Rey valora moi positivamente este proxecto xa que “posibilita que  los vecinos de San Tirso de Abres hagan memoria histórica del ferrocarril Villaodrid  Ribadeo en una actividad de carácter intergeneracional. Son los `abuelos`´ los que ayudan a los `pícaros´ a imaginar el tren que sirvió para unir a los habitantes de la Cuenca del Eo. Sin duda desarrollamos una actividad que nos dejará un recuerdo inolvidable en nuestra vida y en nuestra trayectoria creativa sirviendo de vínculo de unión interterritorial”.
Na Pontenova, poden apuntarse ao obradoiro de Nadal nenas e nenos de entre 6 e 14 anos. O horario é de 10 a 14 h, “o cal tamén é un apoio á conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións”, sinala o alcalde Darío Campos. “O tren –engade– ten un significado moi especial na nosa zona e, aínda que se teñen feito algunhas publicacións e recentemente se fixo un documental, é a primeira vez que se integra aos máis pequenos nun proxecto cultural deste tipo”, sinala Darío Campos, alcalde de A Pontenova. 
O obradoiro estará impartido pola barreirense Lucía Vila, licenciada en Belas Artes e Historia do Arte; e a pontenovesa Celtia Traviesas, xornalista e responsable de proxectos culturais na cooperativa de ensino MAUmarela. “Este é un proxecto integral de educación, cultura e patrimonio”, sinala Celtia Traviesas. “A nosa vontade é xuntar aos pícaros dos concellos polos que pasaba o tren e facerlle existir de novo en palabras e debuxos xurdidos dunha memoria conxunta, de soños e de imaxinación”.
Ficha dos obradoiros:
A PONTENOVA 
IDADES: De 6 a 14 anos
LUGAR: Casa da Cultura
DATAS: días 23, 24, 26, 27, 30, 31 de decembro e 2 e 3 de xaneiro.
HORARIO: de 10 a 14 h
INSCRICIÓNS: Casa do Concello. Tel 982 34 21 01